ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Ames lanza a campaña “Bonos Consuma 2025” e convida aos comercios a sumarse

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “dende hoxe e ata o vindeiro luns 15 de decembro está aberto o prazo para que os establecementos que o desexen se poidan adherir a esta campaña. Fago un chamamento ao sector hostaleiro e comercial a participar nesta iniciativa, especialmente aos comercios do Milladoiro da avenida de Rosalía de Castro”

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de diciembre de 2025 a las 21:49

Compartir

Durante as catro edición anteriores esta campaña xerou un volume de negocio de 1.062.465 euros. Esta iniciativa púxose en marcha por primeira vez en 2021 a través da campaña de tarxetas bono Ames Progresa, que se realizou en dúas fases, e xerou un volume de negocio de 430.000 euros. Nesta campaña o Concello investiu 189.400 euros do Plan Reactiva Ames, posto en macha para a reactivación da economía local durante a pandemia da Covid

Esta iniciativa tivo continuidade en 2022 coas tarxetas bono Ames Progresa, nas que o Concello investiu 80.000 euros, e xeraron un volume de negocio de 125.159 euros. En 2023 acadouse un volume de negocio total de 258.842 euros e en 2024 chegouse á cifra de 248.463 euros. Nestas dúas últimas edicións o Concello achegou 120.000 euros, 60.000 euros por cada exercicio

Ames, 1 de decembro de 2025.- O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, retoma o programa de incentivos a través de tarxetas bono, co obxectivo de contribuír á reactivación económica do comercio e da hostalería local. A edición deste ano de “Bonos Consuma” busca impulsar o consumo local e servir de axuda tanto aos veciños como aos comerciantes durante as festas de Nadal. Os establecementos comerciais e hostaleiros que estean interesados en adherirse ao programa deberán rexistrarse na web www.bonosconsuma.gal dende hoxe ata o 15 de decembro. Os bonos poderán gastarse do 19 de decembro ao 19 de febreiro de 2026. Nas catro edicións anteriores xerouse un volume de negocio de 1.062.465 euros.

Despois do éxito das edicións de 2021, 2022, 2023 e 2024, o Concello de Ames retoma para este Nadal o programa de incentivos ao comercio a través de bonos de desconto. A iniciativa, que busca ter un impacto positivo no comercio local, conta cun orzamento de 60.000 euros. Nesta iniciativa colaboran as asociacións Xuntanza de Empresarios de Ames, Asociación de empresarios Novo Milladoiro e maila Asociación de pequenos comerciantes Viorneira Palmira Bulebar.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “dende hoxe e ata o vindeiro luns 15 de decembro está aberto o prazo para que os establecementos que o desexen se poidan adherir a esta campaña. Fago un chamamento ao sector hostaleiro e comercial a participar nesta iniciativa, especialmente aos comercios do Milladoiro da avenida de Rosalía de Castro. Posteriormente, os bonos poderán gastarse do 19 de decembro ao 19 de febreiro de 2026. Trátase dunha iniciativa que ano tras ano xera un volume de negocio moi importante para o comercio e hostalería do noso concello”.

Prazo de adhesión para os establecementos comerciais e hostaleiros

Aqueles establecementos comerciais e hostaleiros que estean interesados en adherirse ao programa deberán rexistrarse na web www.bonosconsuma.gal entre o 1 e o 15 de decembro, ambos incluídos. Todos os establecementos participantes deberán contar cun adhesivo que os acredite como establecementos colaboradores. Este ano destinaranse un total de 60.000 euros aos Bonos Consuma.

A campaña para veciños/as e visitantes, para consumir os bonos nos establecementos comerciais e hostaleiros de Ames, será do 19 de decembro ao 19 de febreiro de 2026, ambos incluídos.

Características dos Bonos Consuma

A campaña Bonos Consuma busca promocionar os sectores de comercio e hostalería de Ames, para reactivar a economía do municipio impulsando o consumo nos establecementos locais. Cada bono terá a consideración de bono desconto por valor de ata 50 euros para as compras que se fagan nos establecementos adheridos, e poderase usar ata o seu esgotamento ou, se é o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.

Como vai funcionar este desconto? O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada:
-Desconto de 5 euros en compras iguais ou superiores a 10 euros, e inferiores a 30 euros.
-Desconto de 10 euros en compras iguais ou superiores a 30 euros, e inferiores a 50 euros.
-Desconto de 15 euros en compras iguais ou superiores a 50 euros.

Máis dun millón de euros en volume de negocio

Durante as catro edición anteriores esta campaña xerou un volume de negocio de 1.062.465 euros. Esta iniciativa púxose en marcha por primeira vez en 2021 a través da campaña de tarxetas bono Ames Progresa, que se realizou en dúas fases, e xerou un volume de negocio de 430.000 euros. Nesta campaña o Concello investiu 189.400 euros do Plan Reactiva Ames, posto en macha para a reactivación da economía local durante a pandemia da Covid.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Esta iniciativa tivo continuidade en 2022 coas tarxetas bono Ames Progresa, nas que o Concello investiu 80.000 euros, e xeraron un volume de negocio de 125.159 euros. En 2023 acadouse un volume de negocio total de 258.842 euros e en 2024 chegouse á cifra de 248.463 euros. Nestas dúas últimas edicións o Concello achegou 120.000 euros, 60.000 euros por cada exercicio.

Etiquetas

amesbonos cosumacomercio
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación