ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Ames dará comezo este xoves á segunda edición do seu ciclo de monólogos

Desde este xoves, día 22, ata o domingo, día 25, as Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán a segunda edición do Ciclo de monólogos do Concello de Ames. Aínda quedan entradas dispoñibles para calquera das sesións, poden adquirirse a través da Billeteira electrónica

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de mayo de 2025 a las 18:27

Compartir

Esta edición mestura figuras consolidadas do panorama humorístico galego xunto con artistas emerxentes e, ademais, conseguiuse un cartel paritario, no que actuarán o mesmo número de mulleres que de homes, poñendo así en valor á presenza feminina dentro do sector da comedia

Ames, 21 de maio de 2025.- Desde este xoves, día 22, ata o domingo, día 25, as Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán a segunda edición do Ciclo de monólogos do Concello de Ames. Esta edición mestura figuras consolidadas do panorama humorístico galego xunto con artistas emerxentes e, ademais, conseguiuse un cartel paritario, no que actuarán o mesmo número de mulleres que de homes, poñendo así en valor á presenza feminina dentro do sector da comedia. Aínda quedan entradas dispoñibles para calquera das sesións, poden adquirirse a través da Billeteira electrónica. Na xornada do domingo contarase con intérpretes de lingua de signos.

Este xoves, o auditorio de Bertamiráns acollerá o inicio do II Ciclo de monólogos do Concello de Ames, unha iniciativa que na súa primeira edición tivo moi boa acollida por parte do público amesán e que mestura figuras consolidadas no noso país dentro do ámbito humorístico xunto con artistas emerxentes.

A primeira sesión terá lugar o xoves 22 de maio, en Bertamiráns, ás 21.00 horas, da man de Marta Doviro e José Blanco. Marta Doviro, no seu espectáculo “Unha rapasa da Costa da Morte”, ten como eixo central ese territorio de Galicia, onde a comunicadora e cómica viviu gran parte da súa infancia. Por outro lado, José Blanco é desa nova xeración de cómicos que ofrece un show cheo de humor xenuíno, cunha concepción artistocrática do humor.

En canto á segunda xornada, desenvolverase o venres 23 no Milladoiro, tamén ás 21.00 horas, con Evaristo Calvo e Kari Carbone. Desta volta, Evaristo Calvo, cunha longa traxectoria sobre os escenarios e na televisión, ofrece unha proposta cómica que non deixará a ningún espectador indiferente. Pola súa banda, Kari Carbone, a pesar de levar moi pouco tempo en escena, conta cunha improvisación e espectáculo cheo de forza.

Na terceira xornada, o sábado 24, o auditorio de Bertamiráns acollerá a partir das 21.00 horas os espectáculos de Federico Pérez, unha das caras máis recoñecidas da televisión e escena teatral galega, e Cata Ukelele, cómica de stand up viguesa que ofrece un humor fresco e dinámico ao longo do seu espectáculo.

A derradeira sesión do ciclo de monólogos, que se desenvolverá o domingo 25, ás 20.00 horas, no Milladoiro, terá coma protagonistas a Soledad Felloza e Matías Cubilla. Pola súa banda, Soledad Felloza é unha artista con trinta anos de experiencia como actriz, narradora oral e monologuista que percorreu escenarios de diferentes países. En canto a Matías Cubilla, é un artista que adoita ter un contacto directo co público, mais non se limita a experimentar novas formas de facer humor. Cómpre destacar que na xornada do domingo contarase con intérpretes de lingua de signos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

amesmonologos
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación