ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Ames acende o alumeado de Nadal o xoves 4 de decembro

Este ano o acto de acendido do alumeado de Nadal chega con importantes novidades. A primeira é que o acto comezará a partir das 17.45 horas co reparto do tradicional chocolate con churros. Deste xeito, poderase degustar o chocolate e mailos churros mentres se goza da actuación de arredor de 50 alumnos/as da Escola Municipal de Música de Ames e dos coros de Bertamiráns e O Milladoiro do programa Amessán

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de noviembre de 2025 a las 16:56

Compartir

O acto de acendido será ás 18.00 horas e as persoas encargadas de premer o botón de acendido do alumeado será desvelado no propio acto entre os presentes. Outra das novidades deste ano é que se vai realizar un concurso entre as persoas que acudan con prendas e accesorios propios do Nadal como xerseis, diademas, bufandas, gorros, etc

Os presentadores do acto, Marta Alonso e Pablo Reboleiro, serán os encargados de elixir as dúas persoas mellor caracterizadas. As persoas levarán un vale de 50 euros para gastar nos comercios adheridos á Xuntanza de Empresarios de Ames

Ames, 28 de novembro de 2025.- O vindeiro xoves, 4 de decembro, a partir das 17.45 horas, na praza do Concello, en Bertamiráns, está previsto que se celebre o tradicional acto de acendido das luces de Nadal. Actuarán arredor de 50 alumnos/as da Escola Municipal de Música e membros dos coros de Bertamiráns e do Milladoiro do programa Amessán. Ademais, haberá unha degustación gratuíta de chocolate con churros. As persoas encargadas de premer o botón de acendido do alumeado será desvelado no propio acto entre os presentes. As luces de Nadal estarán acendidas en horario de 18.00 a 02.00 horas dende este xoves, 4 de decembro, ata o día 6 de xaneiro (incluído).

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación do acto de acendido do alumeado de Nadal, que se vai a realizar o vindeiro xoves, 4 de decembro, na praza do Concello, en Bertamiráns. Na presentación participaron Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica, Marta Alonso, presentadora do acto de acendido do alumeado de Nadal, e Ramón Cordido, presidente de Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explicou cales son os principais elementos decorativos que estarán repartidos por todo Ames. “Teremos a actuación especial da EMMA e os coros do programa Amessán do Milladoiro e Bertamiráns, Repartirase, coma sempre, chocolate con churros, aínda que co sistema das Prebadaladas, por iso animo a todo o mundo a que veña un pouco antes das 18.00 horas, xa que queremos que mentres sexan as actuacións estea a xente tomando o tradicional chocolate con churros. Invito a todos os veciños e veciñas e visitantes da contorna a vir con eses atrezos de Nadal que tanto nos gusta e facer unha tarde divertida e de festa”.

Marta Alonso, presentadora do acto de acendido do alumeado de Nadal, convidou á veciñanza “a traer eses atrezos festivos do Nadal: diademas, xerseis, bufandas… para que entre todos nós poñamos a nosa cor ao acendido. Ademais, que mellor que participar no acto tomando un chocolate con churros que tanto nos gusta. Convidámosvos a todas a acompañarnos neste evento de inicio do Nadal en Ames”.

O presidente de Xuntanza de Empresarios de Ames, Ramón Cordido, explicou que “despois do acendido virán moitas actividades. A próxima semana XEA e o Concello presentaremos o concurso Ilumina o teu sorriso, que ten bastante que ver, precisamente, con este acendido do alumeado de Nadal. Todas estas actividades de Nadal son moi importantes e dan moita vida ao comercio local”.

Novidades no acendido do alumeado de Nadal

Este ano o acto de acendido do alumeado de Nadal chega con importantes novidades. A primeira é que o acto comezará a partir das 17.45 horas co reparto do tradicional chocolate con churros. Deste xeito, poderase degustar o chocolate e mailos churros mentres se goza da actuación de arredor de 50 alumnos/as da Escola Municipal de Música de Ames e dos coros de Bertamiráns e O Milladoiro do programa Amessán. Ademais, este ano contarase cos artistas e veciños de Ames, Marta Alonso e Pablo Reboleiro, que serán os encargados de presentar dito acto.

O acto de acendido será ás 18.00 horas e as persoas encargadas de premer o botón de acendido do alumeado será desvelado no propio acto entre os presentes. Outra das novidades deste ano é que se vai realizar un concurso entre as persoas que acudan con prendas e accesorios propios do Nadal como xerseis, diademas, bufandas, gorros, etc. Os presentadores do acto, Marta Alonso e Pablo Reboleiro, serán os encargados de elixir as dúas persoas mellor caracterizadas. As persoas levarán un vale de 50 euros para gastar nos comercios adheridos á Xuntanza de Empresarios de Ames.

Alumeado de Nadal

Instaláronse máis de 140 elementos decorativos para iluminar prazas e rúas por todo o termo municipal. En cada parroquia do rural colocouse como mínimo un elemento decorativo. Entre ditos elementos hai máis de 100 arcos decorativos e outros elementos decorativos.

No Milladoiro cóntase cunha gran árbore artificial iluminada na zona de estacionamento da rúa Agro do Medio, onde se atopa o SuperCor, que por primeira vez pódese pasar por debaixo dela andando; e unha “A tridimensional” de Ames de 2,5 metros de alto na praza da Madalena.

Tamén se instalou unha manta de luces que se colocou como se fose un teito de luces na rúa Anxeriz do Milladoiro. Ademais, na avenida de Rosalía de Catro, contarse con 10 arcos luminosos ao longo da rúa; dous arcos de entrada e saída no termo municipal; e haberá 5 renos luminosos (2 na mediana de Rosalia de Castro, 1 na zona verde da rúa Viorneira e 2 na zona verde da rúa da Costa Grande).

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por outra banda, en Bertamiráns, vaise a decorar a árbore que se atopa na praza do Concello, e colocarase un motivo luminoso co número 2026 de dous metros de alto na praza da Maía.

Etiquetas

amesnadal
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación