O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación do acto de acendido do alumeado de Nadal, que se vai a realizar o vindeiro xoves, 4 de decembro, na praza do Concello, en Bertamiráns. Na presentación participaron Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica, Marta Alonso, presentadora do acto de acendido do alumeado de Nadal, e Ramón Cordido, presidente de Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explicou cales son os principais elementos decorativos que estarán repartidos por todo Ames. “Teremos a actuación especial da EMMA e os coros do programa Amessán do Milladoiro e Bertamiráns, Repartirase, coma sempre, chocolate con churros, aínda que co sistema das Prebadaladas, por iso animo a todo o mundo a que veña un pouco antes das 18.00 horas, xa que queremos que mentres sexan as actuacións estea a xente tomando o tradicional chocolate con churros. Invito a todos os veciños e veciñas e visitantes da contorna a vir con eses atrezos de Nadal que tanto nos gusta e facer unha tarde divertida e de festa”.
Marta Alonso, presentadora do acto de acendido do alumeado de Nadal, convidou á veciñanza “a traer eses atrezos festivos do Nadal: diademas, xerseis, bufandas… para que entre todos nós poñamos a nosa cor ao acendido. Ademais, que mellor que participar no acto tomando un chocolate con churros que tanto nos gusta. Convidámosvos a todas a acompañarnos neste evento de inicio do Nadal en Ames”.
O presidente de Xuntanza de Empresarios de Ames, Ramón Cordido, explicou que “despois do acendido virán moitas actividades. A próxima semana XEA e o Concello presentaremos o concurso Ilumina o teu sorriso, que ten bastante que ver, precisamente, con este acendido do alumeado de Nadal. Todas estas actividades de Nadal son moi importantes e dan moita vida ao comercio local”.
Novidades no acendido do alumeado de Nadal