ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Amalia Blanco Pose gaña o XXXIV Premio Literario Camilo José Cela

• A gañadora, de 18 anos e natural de Santa Comba, recibirá unha achega económica de 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa
• Nesta trixésimo cuarta edición recibíronse 123 relatos, superándose a cifra do pasado ano
• O xurado elixiu esta obra pola “peculiaridade do seu estilo, que emprega unha ortografía propia, e pola súa visión marxinal da sociedade”

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de diciembre de 2024 a las 21:14

Compartir

Padrón. 03-12-2024.- O Concello de Padrón anuncia que Amalia Blanco Pose, veciña de Santa Comba, resultou gañadora da trixésimo cuarta edición do Premio Literario Camilo José Cela coa obra No neghro da ialma. Este certame de narrativa, creado en 1989, recibiu este ano 123 relatos, unha cifra que supera os 119 da edición anterior e que consolida o concurso como un dos máis prestixiosos no ámbito das letras españolas.

O premio, dotado con 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa, reafirma o compromiso do Concello coa promoción cultural e serve de homenaxe á figura humana e literaria de Camilo José Cela, Premio Nobel de Literatura.

O xurado, presidido polo alcalde de Padrón e responsable da área de Cultura, Anxo Arca, estivo composto por expertos de diversos ámbitos literarios e educativos: Carlos Arias Iglesias, funcionario da Xunta de Galicia e gañador da segunda edición do premio; Beatriz Vázquez Lorenzo, licenciada en Filoloxía Inglesa; Inés Mosquera Calvo, mestra e investigadora no Centro Ramón Piñeiro; Esteban Folgar Brea, profesor de lingua e literatura; Lourdes Regueiro Fernández, licenciada en Filoloxía Hispánica e coordinadora de actividades culturais da Fundación Pública Camilo José Cela; e M.ª Cruz Taboada Álvarez, funcionaria do Concello de Padrón.

O xurado destacou a obra gañadora pola “peculiaridade do seu estilo, que emprega unha ortografía propia, e pola súa visión marxinal da sociedade”. Segundo os seus membros, “o relato aborda temas cargados de humanidade sen pretender axustarse á corrección política nin buscar agradar, senón simplemente narrar unha verdade con delicadeza e axilidade”.

Amalia Blanco escribiu a obra con tan só 17 anos e aínda que xa conta cunha extensa bagaxe tanto literaria como de premios, sobre todo en poesía, recoñece que xamais pensou que podería gañar un certame da categoría do Premio Camilo José Cela.

“Non adoito a presentarme a concursos tan grandes porque tampouco confiaba en gañar, xa que seguro que hai xente de moito talento. A verdade é que aínda non o creo moito”, subliña. “Trátase dunha obra moi persoal na que transforma un pouco os sentimentos que estaba a ter no momento no que a escribín, que foi unha etapa bastante escura da miña vida e decidín facer un pouco de ficción. Aínda que tendo a escribir poesía decidín atreverme a crear un relato co que a xente tamén se puidese sentir identificada. Son un conxunto de emocións feitas coa base da narración, o que foi novedoso para mín”, sincérase Amalia.

No relato o xurado destaca a “peculiaridade do seu estilo”, xa que a autora engade a gheada e o seseo “algo que non se adoita a ver nos concursos porque se sae da norma”. “Eu decidín aventurarme porque non ten porque ter un efecto negativo e hasta lle da unha voz diferente, o que tamén é moi interesante”, analiza.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

amalia blanco posecamilo jose celaLiteraturapremio
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.