ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

El Corte Inglés acolle a presentación da nova novela de Arantza Portabales ‘Asasinato no muíño do cura’

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2026. Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela acollerá mañá xoves, 9 de abril, ás 20:00 horas, a primeira presentación de ‘Asasinato no muíño do cura’, a nova novela de Arantza Portabales, que sae ese mesmo día á venda.

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de abril de 2026 a las 15:32

Compartir

O encontro terá lugar na planta baixa do centro e contará coa presenza da autora, que estará acompañada por Laura Lojo, catedrática de Filoloxía Inglesa, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Ao remate do acto, Arantza Portabales asinará exemplares da obra.

Un novo caso en Loeiro

Con Asasinato no muíño do cura, Portabales retoma o universo da serie “Os crimes de Loeiro”, protagonizada pola detective Iria Santaclara e o comisario xubilado César Araujo. Nesta nova entrega, a autora lévanos de volta a Loeiro, onde unha brutal matanza ocorrida no ano 1984 no muíño do Cura proxecta a súa sombra ata o presente.

A chegada de Alba Mariño, decidida a recuperar unha verdade que lle foi ocultada, activa unha investigación que comezará a romper o pacto de silencio da vila. Xunto a Sinda, coñecida como “a Gestapo”, Santaclara e Araujo enfrontaranse ás irmás Freijomil e ao antigo caso sen resolver da morte da pequena Berta, nun relato de crecente tensión que avanza cara a un final tan trepidante como revelador.

Sobre a autora

Arantza Portabales (San Sebastián, 1973) debutou na narrativa en 2015 con A Celeste la compré en un rastrillo e obtivo ese mesmo ano o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia con Sobrevivindo. En 2017 publicou Deixe a súa mensaxe despois do sinal, novela traducida a varias linguas, adaptada ao teatro e recoñecida co Premio Novela Europea do Casino de Santiago.

Consolidouse no xénero negro con títulos como Beleza vermella (2019) e A vida secreta de Úrsula Bas (2021). En 2023 publicou O home que matou a Antía Morgade e, en 2024, inaugurou a serie “Os crimes de Loeiro” con Asasinato na casa rosa.

Entrada libre ata completar aforo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Máis información sobre esta e outras actividades culturais pode consultarse en www.ambitocultural.es e na sección de Eventos da web de El Corte Inglés de Santiago de Compostela: www.elcorteingles.es/centroscomerciales/es/eci/centros/centro-comercial-compostela/eventos

Etiquetas

arantza portabalesel corte inglesescritoraLiteraturanovelaSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

María Solar estrea ‘As malas ideas’: «Chega un momento no que te convertes na nai da túa nai»
Actualidad

María Solar estrea ‘As malas ideas’: «Chega un momento no que te convertes na nai da túa nai»

Do roubo do Códice ao caso Asunta: «Disfraces recopila a crónica negra dos últimos 50 anos en Santiago»
Actualidad

Do roubo do Códice ao caso Asunta: «Disfraces recopila a crónica negra dos últimos 50 anos en Santiago»

Jose Antonio Pérez revisita los casos Asunta y Códice Calixtino en su nuevo libro ‘Disfraces’
Actualidad

Jose Antonio Pérez revisita los casos Asunta y Códice Calixtino en su nuevo libro ‘Disfraces’

Silvia Intxaurrondo presenta a súa primeira novela no Hotel Araguaney este venres
Actualidad

Silvia Intxaurrondo presenta a súa primeira novela no Hotel Araguaney este venres