ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoEducación

Alerta meteorolóxica en Galicia por fortes ventos e chuvias

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) informa sobre dous avisos meteorolóxicos emitidos pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que afectan a distintas zonas de Galicia. As condicións adversas fan necesario extremar as medidas de autoprotección nas próximas horas.

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de noviembre de 2024 a las 21:21

Compartir

Aviso laranxa por vento no oeste e suroeste da Coruña

Desde a tarde do 23 de novembro, os ventos de nivel laranxa están a afectar o oeste e suroeste da provincia da Coruña, con refachos que acadan os 100 km/h. Este fenómeno adverso manterase durante o día 24 de novembro. Recoméndase:

  • Evitar desprazamentos innecesarios.
  • Revisar e asegurar obxectos en terrazas, balcóns e zonas exteriores.
  • Extremar a precaución en áreas costeiras e bosques.

Aviso amarelo por chuvia e vento en amplas zonas da Comunidade

Ademais, continúa activo un aviso amarelo por vento e chuvia en distintas áreas de Galicia. As condicións previstas son:

  • Chuvias significativas: especialmente na provincia da Coruña, Rías Baixas e comarca do Miño, en Pontevedra.
  • Refachos de vento:
    • Máis de 80 km/h no noreste da Coruña e na Mariña de Lugo.
    • Vento forte no centro e montaña de Lugo, na montaña de Ourense, interior da Coruña e Pontevedra, e nas Rías Baixas.

Recomendacións xerais

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →
  1. Mantente informado a través das canles oficiais de AEMET, AXEGA e Protección Civil.
  2. Evita zonas de risco, como ríos e torrentes con posible crecida ou espazos abertos con risco de caída de árbores.
  3. Consulta as condicións de tráfico antes de viaxar.
  4. En caso de emerxencia, chama ao 112.

 

Etiquetas

chuviasgaliciameteovento
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia
Actualidad

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia