ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

Alcaldes e alcaldesas do BNG, PP e PSOE unidos ante a necesidade dun Parque Comarcal de Bombeiros

 

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de marzo de 2024 a las 13:14

Compartir

 

 

13/03/2024 A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu hoxe a xuntanza de alcaldes e alcaldesas dos concellos implicados na comarcalización do servizo de bombeiros, convocada para explicar os avances neste proxecto. O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, deu conta da reunión que mantivo onte coa Xunta e coa Deputación Provincial da Coruña, na que as tres administracións mostraron a súa vontade de ter asinado ao longo deste ano o convenio para desenvolver o parque comarcal.

A alcaldesa mostrou a súa satisfacción polo resultado da xuntanza que tivo lugar onte «despois de meses de traballo, nos que avanzamos de maneira considerable para que o parque comarcal de bombeiros sexa unha realidade despois de moitos anos de espera». Nese sentido, Goretti Sanmartín agradeceu o compromiso de Xunta e Deputación, que onte ratificaron os seus compromisos financeiros co parque comarcal». Xunta e Deputación achegarán ao proxecto tres millóns de euros, dos que dous millóns serán para as obras das futuras instalacións, e un millón de euros anual para os custos de persoal. Para a rexedora, «hoxe é un día para felicitármonos pero tamén para seguir traballando para que o convenio poida ser asinado canto antes».

Pola súa banda, o concelleiro de Mobilidade e Convivencia explicou que «a comarcalización do servizo de bombeiros é un proxecto moi ambicioso, porque falamos de atender desde Santiago a nove concellos que suman case 180.000 habitantes e unha extensión de máis de 900 quilómetros cadrados». Xan Duro lembrou que a principal traba para a posta en marcha do parque comarcal tiña que ver coa dotación de persoal, «porque desde o Concello de Santiago sempre consideramos que non se podía atender o servizo tirando só de horas extras, senón que defendimos que era precisa a contratación de máis persoal, tal e como avalan os últimos informes técnicos». O edil avanzou que «existe a posibilidade de cubrir inicialmente as prazas necesarias con interinidades, posto que a resolución dos procesos de oposicións para a cobertura definitiva require de prazos máis demorados».

Xan Duro explicou tamén que o Concello de Santiago traballa xa en dúas cuestións, «os aspectos máis xurídicos relacionados co convenio de colaboración para a posta en marcha do parque comarcal, e os estudos técnicos que teñen que desenvolver os bombeiros para coñecer as características dos nove municipios implicados no que tén que ver coa atención a posibles emerxencias». Por último, reiterou que a comarcalización «non depende de ter unhas novas instalacións, xa que o servizo pódese empezar a prestar desde as actuais dependencias mentres non se resolva a construción do novo edificio».

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Na reunión que tivo lugar hoxe no Pazo de Raxoi participaron os alcaldes e alcaldesas de Ames, Blas García; Teo, Lucía Calvo de la Uz; Vedra, Carlos Martínez; Boqueixón, Ovidio Rodeiro; Val do Dubra, Diego Díaz; Trazo, Josefina Suárez; e O Pino, Manuel Taboada. Non puido asistir por cuestións de axenda o alcalde de Brión, Pablo Lago.

Etiquetas

bombeiroscomarcacompostelaparqueradio lider santiagoReunionsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha