ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoPolítica

Aitor Bouza insta a un pacto político para poñer fin á «alarma» no sector hostaleiro

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de noviembre de 2023 a las 15:12

Compartir
  • Reclama unha solución pola vía do diálogo que “podería consistir na actualización do plan de inspeccións aprobado en 2014”
  • O líder dos socialistas composteláns pediulle ademais explicacións ao presidente da Xunta “polo trato que recibe a cidadanía de Santiago, como se fose de segunda” para solucionar os problemas de mobilidade no CHUS

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2023.- Logo de manter un encontro con representantes das tres asociacións de hostalaría da cidade, o líder dos socialistas tendeulle a man ao goberno para conseguir un “pacto de todas as forzas políticas” para poñer fin ante unha problemática “evidente”, logo de que o sector amosara o seu rexeitamento á instrución de outubro de 2023 na que o concelleiro de Urbanismo puña en marcha un plan de inspección de locais “que só serviu para xerar unha alarma social innecesaria”.

A proposta dos socialistas pasa por actualizar o plan de inspeccións de locais aprobado en 2014 “escoitando as diferentes partes implicadas”: “pedímoslle á alcaldesa que poña unha solución política a este problema e, nós, non contribuiremos a xerar malestar, senón que nos ofrecemos a sentarnos nunha mesa para encontrar esa solución” explicou.

Bouza cuestionou a instrución do departamento de Urbanismo criticando que non “clarifica o que se vai a supervisar” e acusouno de non “saber como rectificar unha decisión que non se tivera que ter adoptado”.

“Demostramos a altura de miras que o resto de forzas non souberon ter no pasado mandato»

Aitor Bouza quixo destacar, ademais, o acordo ao que chegaron as tres forzas de esquerda para presentar unha moción  conxunta no pleno do próximo xoves coa que reclamar á Xunta que asuma as súas competencias en materia sanitaria, asumindo a construción do aparcadoiro do Hospital Clínico.

“Reiteramos a nosa oferta para crear un aparcadoiro na parcela que cedeu o goberno socialista pero se a Xunta ten outro proxecto, que asuma a inversión necesaria”. Bouza que lle pediu “claridade” ao goberno galego, esixiulle a Alfonso Rueda que explique “por que segue tratando ás veciñas e veciños de Santiago como cidadáns de segunda”.

O líder dos socialistas composteláns insistiu no diálogo necesario entre ambas institucións para buscar unha solución consensuada, pero deixando claro que a Xunta “ten que asumir as súas competencias”, xa que, “cando lle interesa busca polémicas co goberno central porque se entromete nas súas competencias” e, cando chega o momento de exercelas, “non o fai e lanza a pelota a outras administracións”.

Participación nas mobilizacións feministas

Na véspera do 25N, o líder dos socialistas reivindicou unha vez máis o compromiso do PSOE co movemento feminista “para acabar coa lacra do machismo que nos asola día a día”.

Bouza, recordou a campaña lanzada polo Partido Socialista baixo o lema “O machismo deixa pegada”, centrada no impacto do machismo nas diferentes facianas do día a día.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Afirmou ademais a disposición do partido para participar nos diferentes actos programados para mañá, “sen eclipsar o movemento feminista, pero apoiando e participando de todas as súas mobilizacións”.

Etiquetas

hostalariapoliticapsoe
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo