ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Adxudícase por máis de 11,6 M€ a construción do novo colexio do Milladoiro

O alcalde, Blas García, valora como “moi positiva e importante para o Concello de Ames” esta resolución pois o novo centro do Milladoiro “é un dos piares do proxecto amesá para seguir desenvolvendo o núcleo máis grande e importante do concello”

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de julio de 2025 a las 16:16

Compartir

Trátase do primeiro centro construído en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e dá resposta á necesidade de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico

O colexio será totalmente accesible e contará con espazos multidisciplinares, flexibles e adaptados ao ensino do século XXI

A Xunta de Galicia vén de adxudicar por máis de 11,6 M€ as obras do novo colexio do Milladoiro, no concello de Ames. Este contrato, adxudicado á empresa Puentes y Calzadas Infraestructuras S.L.U, ten un prazo de execución de 18 meses. Trátase do primeiro centro construído integramente en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, dando a Xunta resposta á necesidades de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico de Galicia.

O alcalde,  Blas García, explica que “a resolución da licitación do novo CEIP do Milladoiro é unha noticia moi positiva e importante para o noso concello, porque este centro educativo é un dos piares sobre os que sustentamos o proxecto que estamos a desenvolver para o núcleo máis importante do noso concello. Ames avanza en educación, servizos, mobilidade e infraestruturas”. O rexedor afirma que “somos un concello moderno e dinámico cun goberno capaz de traballar e negociar con todas as administracións en favor da nosa veciñanza”.

O Concello de Ames aportará unha achega de preto de medio millón de euros a esta actuación unha vez rematado o centro sumando o soterramento da liña eléctrica de media tensión (211.605 euros IVE incluído) e a posterior urbanización da zona na que se emprazará o novo colexio. “Este non é máis que outro de exemplo de colaboración institucional por parte do Concello de Ames para impulsar o noso municipio e facer que siga medrando”, explicou García.

Esta obra, que contrata a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas será sufragada con fondos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, co cofinanciamento dos fondos europeos. O colexio será totalmente accesible e contará con espazos multidisciplinares, flexibles e adaptados ao ensino do século XXI.

O centro contará cunha superficie construída de 4.384,73 m² distribuída en dous andares, nos que se disporán seis aulas de Infantil e 12 de Primaria, cos aseos correspondentes, así como outras catro de apoio educativo e desdobramento de grupos, aula de música e sala de usos múltiples.

A biblioteca terá acceso directo desde o vestíbulo e desde o exterior e o ximnasio terá dúas alturas, gradas e vestiarios. Tamén estará dotado con área de administración (con despachos, conserxería, local para a Anpa, etc) comedor e zonas de servizos comúns.

Ademais, o novo colexio terá un espazo específico para Polo Creativo, no que o alumnado poderá traballar as competencias STEM a través de proxectos de robótica ou intelixencia artificial, equipado cos materiais necesarios. No que atinxe aos espazos exteriores, estará dotado de zona cuberta e descuberta exterior para as aulas de Infantil e de pista polideportiva cuberta e descuberta.

Accesibilidade

A accesibilidade do edificio garántase evitando calquera tipo de barreira, con accesos directos tanto desde o interior como desde o exterior do edificio a boa parte das estancias. Haberá itinerarios de circulación intuitivos e libres de obstáculos, en prol dunha orientación máis sinxela, e espazos de comunicación ben iluminados con luz natural. Isto completarase coa colocación de sinalética de gran tamaño e cor facilmente visibles.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Tanto no exterior do edificio como nos espazos interiores haberá superficies podotáctiles que guíen ao acceso, vestíbulo e outros puntos de importancia del edificio. Os diferentes espazos exteriores serán tamén accesibles a todos mediante ramplas.

Etiquetas

amescolexio do Milladoiroo milladoiro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación