ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

Adxudicadas as obras da senda peonil de Silvouta

O executivo municipal deu luz verde esta mañá á adxudicación do contrato das obras de execución do proxecto «Senda peonil en Silvouta» á empresa OBRAS Y VIALES DE GALICIA por un orzamento de 117.420,00 €, enmarcado dentro do Programa POS+ 2022 da Deputación Provincial da Coruña. Tamén se aprobou o proxecto básico e de execución do «Parque infantil no espazo socioeducativo de Rial no lugar de Reibó na parroquia de Laraño». A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín deu conta de estes e outros asuntos nunha rolda de prensa.

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de noviembre de 2023 a las 15:06

Compartir

A alcaldesa anunciou que a Xunta de Goberno local adxudicou esta mañá o contrato para levar a cabo as obras de execución do proxecto de «Senda peonil en Silvouta» á empresa OBRAS Y VIALES DE GALICIA por ter presentado a proposta económica máis vantaxosa por un valor de 117.420,00 € (base impoñible de 97.041,32 € máis 21% do IVE de 20.378,68 €). Este proxecto enmárcase no Plan de Obras e Servizos (Plan Único de Concellos) POS+ 2022 da Deputación Provincial da Coruña e terá un prazo de execución de tres meses.

Un dos obxectivos desta actuación é mellorar as condicións de seguridade da zona, debido á proximidade dun centro de ensino e un centro de hidroterapia. Con este fin, levarase a cabo a construción dunha senda peonil que independice claramente as circulacións entre vehículos e peóns. Desde a intersección coa AC-543 e pola marxe esquerda aproveitarase a zona actual urbanizada para, mantendo a aliñación marcada pola canle de auga existente, construír unha beirarrúa duns catro metros de ancha.

Actuarase sobre uns 175 metros e unha vez rematados os traballos, continuarase pola marxe contraria cunha beirarrúa duns dous metros de ancho, ata pasado o colexio e a piscina de tratamento hidrosanitario. Para esta beirarrúa utilizarase formigón, delimitado por un bordo prefabricado de formigón bicapa. Manterase na zona da marxe esquerda a canle de auga xa instalada. A actuación compleméntase coa recollida de augas pluviais e a súa conexión coas evacuacións existentes, mediante colector de PVC e os pozos e sumidoiros asociados. Tamén se instalará un prisma baixo as beirarrúas para futuras renovacións e soterramentos do cableado e iluminación actual, que contará con arquetas cada 25 metros asociadas tamén aos puntos de luz existentes.

Parque infantil no lugar de Reibó

A rexedora tamén informou da aprobación por parte do executivo municipal do proxecto básico e de execución do «Parque infantil no espazo socioeducativo de Rial no lugar de Reibó (parroquia de Laraño)» por un orzamento de 124.999,99 euros (103.305,78 + 21.694,21 euros de IVE) e cun prazo de execución de 40 días.

Este proxecto básico e de execución ao abeiro do plan POS+ Adicional 2/2023, ten por obxecto a implantación dun parque infantil na área onde se atopa o centro sociocultural e a escola de educación infantil do lugar de Rial na parroquia de Laraño e o acondicionamento dun espazo educativo de actividades agrícolas.

Outros asuntos

A Xunta de Goberno tamén deu luz verde ao convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e o Obradoiro Club de Amigos Baloncesto S.A.D. para o ano 2023 por valor de 120.000 €.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ademais, aprobouse a solicitude de revisión de tarifas presentadas pola adxudicataria da explotación do aparcadoiro da Choupana, que supón unha suba do IPC dun 5,7% con respecto á ultima revisión de tarifas aprobada o 16 de maio de 2022 e que implica un incremento na primera hora do 2,25 a 2,40 euros, recollida no prego de contrato de adxudicación.

Etiquetas

compostelaobrassantiagosilvouta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

O Pino reordena o tráfico no Pedrouzo polo inicio das obras de humanización
Comarca

O Pino reordena o tráfico no Pedrouzo polo inicio das obras de humanización

Os socialistas composteláns denuncian a paralización das obras da rúa García Lorca
Actualidad

Os socialistas composteláns denuncian a paralización das obras da rúa García Lorca