ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Acordo entre Xunta, Monbus e Ames para reformular a liña SIMU con financiamento compartido

Acudiron á comisión de seguimento o alcalde de Ames, Blas García, o concelleiro de Mobilidade, Víctor Fernandez, a Directora Xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e o presidente de Monbus, Raúl López

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de abril de 2025 a las 12:59

Compartir

O alcalde, Blas García, expuxo as queixas achegadas polos usuarios e usuarias da liña de autobús de interese municipal (SIMU) e trasladou as propostas do Concello para mellorar dito servizo. A comisión foi solicitada polo número de queixas recibidas da veciñanza

En dito encontro fíxose unha posta en común por parte das tres partes para a reformular o convenio e facelo máis eficiente. Insistiuse na necesidade de incluír no percorrido paradas no Hospital Clínico e no Campus Sur, así como en Fraiz e A Moniña, na parroquia de Biduído

Ames, 2 de abril de 2025.- Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, o concelleiro de Mobilidade, Víctor Fernandez, a Directora Xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e o presidente de Monbus, Raúl López, mantiveron unha xuntanza na que o rexedor municipal expuxo as queixas achegadas polos usuarios e usuarias da liña de autobús de interese municipal (SIMU) e trasladou as propostas do Concello para mellorar dito servizo implantado no mes de xuño de 2022. En dito encontro fíxose unha posta en común por parte das tres partes para a reformular o convenio e facelo máis eficiente. Insistiuse na necesidade de incluír no percorrido paradas no Hospital Clínico e no Campus Sur, así como en Fraiz e A Moniña, na parroquia de Biduído. A comisión foi solicitada polo número de queixas recibidas da veciñanza.

A Xunta de Galicia e mailo Concello de Ames asinaron no mes de xuño de 2022 un convenio para poñer en marcha un novo servizo de autobús entre as parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído con Santiago de Compostela. Dito servizo tiña o obxectivo de facilitar a mobilidade dos veciños e veciñas destas parroquias, a través do reforzo do transporte interurbano da Xunta e dun servizo de interese municipal. Dito convenio foi aprobado previamente no pleno ordinario de abril de 2022 por unanimidade da Corporación municipal.

A través deste servizo tratouse de dar unha solución ás persoas usuarias da desaparecida liña de transporte urbano P2, pertencente ao Concello de Santiago, e que discorría polas parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído. Deste xeito, o trazado da liña de interese municipal funciona en ambos sentidos pola rúa Alcalde Lorenzo, en Bertamiráns, para despois continuar por As Cortes, Ortoño (A Igrexa), Guimaráns, Outeiro, Quistiláns, Framil e Costoia, ata a estación intermodal de Santiago.

Xuntanza para mellorar o servizo da liña de autobús de interese municipal

Debido a que dende o Concello de Ames se ten constancia de numerosas incidencias neste servizo, achegadas polos propios usuarios/as da SIMU, esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, o concelleiro de Mobilidade, Víctor Fernandez, a Directora Xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e o presidente de Monbus, Raúl López, mantiveron unha xuntanza para tratar de solucionar as incidencias e problemas detectados. A comisión foi solicitada polo número de queixas recibidas da veciñanza.

Deste xeito, dende o Concello propúxose a modificación da SIMU reorganizando frecuencias para evitar duplicidades coa liña de autobús de Extramundi. Tamén se solicitou vixilancia para o cumprimento de horarios e de percorridos; establecer as paradas no Hospital Clínico de Santiago de Compostela / Campus Sur da USC; e a variación no percorrido para incluír paradas en Fraíz e A Moniña.

O alcalde, Blas García, agarda que “esta xuntanza sexa un punto de inflexión para que se resolvan as incidencias detectadas na SIMU e se comece a prestar un mellor servizo. É fundamental o cumprimento de horarios e de percorridos para que a veciñanza confíe no servizo e, polo tanto, o utilicen. Hoxe trasladamos a reclamación da veciñanza amesá que solicita que se habilite unha nova parada preto do Hospital Clínico e do Campus Sur da Universidade”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O rexedor tamén destacou que “é fundamental a ampliación desta liña de transporte para que tamén preste servizo á veciñanza de Fraíz e A Moniña, na parroquia de Biduído, que carecen do servizo de transporte pola desaparición da antiga liña de transporte urbano P2”.

Etiquetas

amesmobilidade
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación