ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

Abren as piscinas municipais descubertas de Ames e maila praia fluvial de Tapia

Este domingo, 15 de xuño, comeza oficialmente o período estival en Ames xa que as piscinas descubertas municipais e a praia fluvial de Tapia abren ao público por primeira vez este ano

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de junio de 2025 a las 12:21

Compartir

O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns será de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura será de 15:00 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 a 21:00 horas

Durante estes horarios haberá servizo de vixilancia e socorrismo. Antes da apertura realizáronse traballos de acondicionamento e mellora nestas instalacións

Ames, 13 de xuño de 2025.- Este domingo, 15 de xuño, comeza oficialmente o período estival en Ames xa que as piscinas descubertas municipais e a praia fluvial de Tapia abren ao público por primeira vez este ano. O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns será de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura será de 15:00 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 a 21:00 horas. Durante estes horarios haberá servizo de vixilancia e socorrismo. Antes da apertura realizáronse traballos de acondicionamento e mellora nestas instalacións.

As piscinas descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro e a área recreativa de Tapia, que se atopa ás beiras do río Tambre, convértense durante os meses de verán en lugares moi concorridos por todos os veciños e veciñas de Ames. Estas instalacións preséntanse como grandes alternativas aos areais da costa galega. Estarán abertas do 15 de xuño ao 15 de setembro.

Para que estas instalacións estean nas condicións idóneas de cara ao inicio da temporada estival, o Concello de Ames estivo acondicionando as piscinas municipais descubertas e maila área recreativa de Tapia durante as últimas semanas. Como soe ser habitual realizáronse traballos de limpeza e mantemento de ditas instalacións municipais.

Carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas

Na actualidade está aberto o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude premendo nesta ligazón e deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal.

O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de agosto. Os interesados/as poden solicitar máis información chamando ao número de teléfono 981 535 940 (oficina de Deportes do Milladoiro) ou no número de teléfono, 619 842 504 (na oficina de Deportes de Bertamiráns), en horario de luns a venres, entre as 9:00 e as 14:00 horas. Premendo nesta ligazón podes descargar o bando informativo sobre a solicitude do carné de usuario/a das piscinas municipais descubertas.

Áreas de baño

No Milladoiro existen dúas piscinas (unha para as persoas adultas cunha profundidade de 2,10 metros e outra para os cativos que conta cunha profundidade de medio metro). Por outra banda, en Bertamiráns existe unha única piscina que dispón dunhas dimensións de 27 metros de longo por 13 metros de ancho e unha profundidade de 1,70 metros. En ambas as dúas instalacións realizáronse traballos de limpeza dos vasos das piscinas e clorado da auga.

A área fluvial de Tapia tamén se estivo acondicionado durante as últimas semanas. Realizáronse traballos de lavado das zonas de pedra, acondicionouse a zona do aparcadoiro, lavouse o vaso da piscina e clorouse a auga de dita piscina.

Servizo de vixilancia e socorrismo

O servizo de vixilancia e socorrismo comeza a prestarse o día 15 de xuño e estará activo ata o 15 de setembro, incluídos os domingos e os festivos. O horario será ininterrompido, pero haberá diferencias entre Tapia e as piscinas. Así, na praia fluvial de Tapia haberá catro socorristas, mentres que nas piscinas municipais descubertas do Milladoiro e de Bertamiráns haberá dous socorristas en cada unha das piscinas. Este persoal traballa en quendas para cubrir o horario completo no que estas instalacións están abertas.

Para completar os labores de vixilancia cóntase con seis vixiantes (dous en cada unha das instalacións). Estas persoas son as encargadas de limpar as piscinas descubertas, controlar a entrada a estas instalacións e de manter a orde dentro dos recintos. Cada piscina ten asignados dous vixiantes, que desenvolverán as tarefas por quendas, polo que sempre haberá unha persoa traballando para manter as instalacións.

Cursos de natación e piragüismo

Por último, cómpre lembrar que durante o verán nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro impartiranse cursos de natación, mentres que na área fluvial de Tapia haberá cursos de piragüismo.Deste xeito, desde o 9 ata o 23 de xuño está aberto o prazo de inscrición para a primeira quenda dos cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. En agosto realizaranse unha nova quenda de cursos de natación, para os que será necesario inscribirse entre o 14 e o 28 de xullo. Estas actividades terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña. As inscricións hai que tramitalas a través da plataforma Cronos.

Ademais, un ano máis organízanse os cursos de iniciación ao piragüismo, que se desenvolverán durante a última semana de xuño e mailos meses de xullo e agosto, na praia fluvial de Tapia. Ditos cursos, que están dirixidos a nenos e nenas nados/as do 2011 a 2017, impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de 10.45h a 12.00 horas. Para participar nesta actividade é imprescindible saber nadar. As prazas son limitadas, polo que é importante inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Estas actividades complementan a oferta de actividades deportivas para o verán, trala presentación dos campamentos deportivos que ofertan os clubs e entidades deportivas de Ames.

Etiquetas

amespiscinastapia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación