ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDeportes

Aberta a inscrición da XLIII Carreira Popular de Pascua que se desputará o 30 de marzo

 

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de marzo de 2024 a las 18:10

Compartir

 

 

  • A saída tomarase de xeito gradual dende a Praza de Macías a partir das 10.30 horas
  • A proba absoluta iniciarase ás 12.00 cun percorrido de 13,3 quilómetros
  • O prazo de inscrición péchase o mércores 27 de marzo

Padrón. 1-3-2024.- A Carreira Popular de Pascua abre hoxe, e ata o mércores 27 de marzo, a inscrición da súa 43 edición. A proba disputarase o sábado 30 de marzo a partir das 10.30 horas coa participación de atletas de todas as idades sexan ou non federados. Repartiranse medallas entre todas as persoas participantes, ademais de trofeos para os primeiros clasificados e premios en metálico para os mellores equipos federados. A inscrición, gratuíta para os escolares e cun custe de 7 euros para a proba absoluta, realizarase a través da páxina web www.emersports.es.

A saída da XLIII Carreira Popular da Pascua farase como é habitual dende a praza de Macías a partir das 10.30 horas. Os primeiros en facelo serán os corredores da categoría sub 6 (nados/as no ano 2019 e posteriores), que cubrirán unha distancia de 100 metros. Dez minutos máis tarde, ás 10.40, sairán os sub 8 que completarán 425 metros. Xa a partir das 10.50, farano os atletas sub 10, que percorrerán 625 metros, a mesma distancia que os sub-12 que participan a partir das 11.05 horas. A quenda da categoría sub 14, con dous quilómetros de percorrido, será este ano ás 11.15 horas. Polo que respecta aos sub 16 e sub 18 sairán ás 11.30 horas cunha distancia de 3,5 quilómetros. A carreira absoluta, que engloba os sub 20, sub 23, sénior e máster, tomará a saída ao mediodía e terá un itinerario como é habitual de 13,3 quilómetros.

A proba terá unha única clasificación conxunta para cada categoría, salvo a sub 6 e sub 8 qe non son competitivas. Todas as persoas participantes recibirán un agasallo. Os escolares que crucen a liña de meta percibirán, ademais, unha medalla. Terán trofeo así mesmo os tres primeiros clasificados de cada categoría en competición cun trofeo especial de Pascua na proba absoluta, os tres primeiros equipos clasificados, o primeiro corredor e corredora local da proba absoluta, o participante de  máis idade (trofeo supermáster) e o club con máis corredores que finalicen a proba (trofeo participación).

Haberá servizo de duchas nos pavillóns municipais, de gardarroupa e avituallamento intermedio e na liña de meta.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Pódese consultar as bases e formalizar a inscrición na ligazón: https://acortar.link/Lxghfl.

Etiquetas

carreiradeportespadronpascuaradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»