ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComercioDestacado

A XV edición de Santiago(é)tapas celebrarase do 15 de febreiro ao 3 de marzo

15/11/2023.- A concelleira de Turismo, Míriam Louzao; a presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos; e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, anunciaron as datas da XV edición do concurso Santiago(é)tapas, que terá lugar do 15 de febreiro ao 3 de marzo, nunha rolda de prensa celebrada no Pazo de Raxoi. O concurso de tapas de Compostela cambia de datas nesta edición para potenciar a desestacionalización.

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de noviembre de 2023 a las 16:33

Compartir

O concurso de tapas de Santiago viviu varios cambios de datas dende o seu comezo. As primeiras edicións celebráronse na primeira quincena de xullo, xa que hai quince anos o sector consideraba que nesas datas non había suficiente actividade na cidade.

Nos últimos anos Santiago(é)tapas pasou a celebrarse no mes de novembro, co obxectivo de colaborar na desestacionalización turística da cidade neste mes de tempada baixa. Porén, nas dúas últimas edicións, unha vez pasado a pandemia do coronavirus e coa reactivación plena do sector turístico na cidade, o concurso sufriu un estancamento no número de establecementos participantes debido principalmente a que neste mes o sector xa ten un volume de actividade importante.

Así, segundo destacou Míriam Louzao «a razón fundamental deste cambio é unha razón moi positiva para Compostela. O cambio é debido a que os establecementos da cidade teñen agora no mes de novembro unha actividade moito máis forte da que tiñan hai uns anos, polo que entendemos que o concurso xa cumpriu a súa función neste mes».

Pola súa banda, Flavia Ramil, apuntou que xa está aberto o período de inscrición do concurso, que rematará o 10 de xaneiro, dando practicamente dous meses de prazo para que os estabelecementos do concello teñan tempo suficiente para pensar con previsión as súas tapas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Pola súa banda, Sara Santos, indicou que a asociación ten como obxectivo «involucrar o máis posible a todo o sector hostaleiro. Ademais, tendo en conta o cambio de hábitos da clientela nestes anos que fixo que moitas cafeterías e locais se centren actualmente en almorzos, brunchs e merendas ou o chamado tardeo, imos darlle máis protagonismo ás propostas doces, co Premio á Tapa + Doce e un novo roteiro que percorra eses locais, convencidos de que dará a oportunidade de presentar propostas moi interesantes e abrirá o concurso a un público máis familiar».

Etiquetas

santiagoTapas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans

Una conductora resulta herida tras una colisión en la AC-543 a la entrada de Santiago
Sucesos

Una conductora resulta herida tras una colisión en la AC-543 a la entrada de Santiago