ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

A TVG estrea Noite Xigante, un concurshow para a noite dos sábados

 

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de enero de 2024 a las 15:06

Compartir

 

 

  • O espectacular programa, producido por CTV, está presentado por María Mera e ten como colaborador ao cantante César Romero
  • Carlos Baute, Diana Nogueira e Manuel San Martín serán os primeiros convidados dun programa que comezará ás 22:00 horas

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023 (Vía Láctea Comunicación).- Un novo programa semanal para toda a familia chega a Televisión de Galicia. Noite Xigante é a nova aposta para as noites dos sábados, un concurshow de ritmo frenético cheo de música e baile, producido por CTV. O programa estrearase este sábado día 20, ás 22:00 horas, disposto a sorprender ao público con grandes actuacións musicais, probas, premios e convidados famosos con ganas de pasalo ben.

A nova festa dos sábados na TVG estará presentada pola todoterreo, María Mera (presentadora en Os mellores da clase, Carballeira ou A liga dos cantantes extraordinarios), que estará acompañada nesta aventura polo cantante César Romero (participante en A liga dos cantantes extraordinarios e membro da Orquestra Cinema) como polifacético colaborador.

Na estrea de Noite Xigante, María Mera e César Romero abrirán o show cun espectacular número de baile. Neste primeiro programa, estarán acompañados polo carismático cantante Carlos Baute, ademais de recibir a visita de Diana Nogueira e Manuel San Martín, todo amenizado coa animación da Fanfarria Farruca.

O Caldeirón, un aparello que lanza un líquido viscoso, poñerá a proba a valentía dos concursantes

Noite Xigante é un concurshow, cheo de sorpresas e espontaneidade, onde cinco concursantes, cargados de boa enerxía, poñen a proba a súa intuición, nervios e pericia en distintas probas. A valentía dos concursantes tamén se porá e proba co Caldeirón, un aparello xigante que lanza un líquido viscoso que promete converterse no momento estrela do programa.

Como non podía ser doutra forma, o show conta con probas moi orixinais para que os seus concursantes demostren o que valen: unha cámara oculta con sorpresa, unha ronda rápida de preguntas, diversas probas de pericia visual ou física e ata retos musicais.

O concursante que sexa capaz de superar as distintas probas chegará á final onde poderá gañar o premio dos premios: un grande escaparate valorado en miles de euros, con agasallos como unha viaxe ao Caribe, unha bicicleta, varios aparellos tecnolóxicos, un reloxo e outros produtos que mesmo tamén poderán ser para o público do programa.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

galicianoite xiganteprogramatelevisionTVG
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

Da timidez dos karaokes ao escenario de Luar:  “Levo anos perseguindo este soño”
Actualidad

Da timidez dos karaokes ao escenario de Luar: “Levo anos perseguindo este soño”