ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

A taxa de criminalidade de Ames sitúase por debaixo da media provincial e galega

Tras analizar os datos na Xunta Local de Seguridade, Rivas pon en valor a baixa taxa de criminalidade con 29 delitos por cada 1000 habitantes, 8 puntos por debaixo da media provincial e 6 puntos menos que a media galega

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de julio de 2024 a las 20:44

Compartir

María Rivas e Blas García subliñaron a importancia de contar con equipos especializados para traballar na protección a través do sistema VioGén

O alcalde destaca a boa sintonía existente entre a Policía Local de Ames e os distintos corpos policiais: “Un concello en continuo crecemento necesita todos os efectivos posibles para garantir a seguridade da nosa veciñanza, a boa sintonía coa Policía Nacional e coa Garda Civil fai posible ampliar a cobertura”

A subdelegada recorda que a igualdade e a loita contra a violencia machistas son un eixo fundamental nas políticas do Goberno

Ames, 1 de xullo de 2024.- A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e mailo alcalde de Ames, Blas García, presidiron esta mañá a Xunta Local de Seguridade, unha reunión na que se puxo en valor a baixa taxa de criminalidade de Ames con 29 delitos por cada 1000 habitantes, 8 puntos por debaixo da media provincial e 6 puntos menos que a media galega. A subdelegada do  Goberno quixo destacar a aposta decidida do Executivo na consecución da igualdade e na loita contra a violencia machista. Así, tanto María Rivas como Blas García puxeron en valor a colaboración entre a Policía Local e a Garda Civil, conformando equipos especializados para traballar de xeito coordinado na protección das mulleres vítimas de violencia de xénero a través do sistema VioGén.

Un dos temas tratados na reunión da Xunta Local de Seguridade tivo que ver coa seguridade e cos índices delitivos no concello. Tras analizar os datos de seguridade cidadá, a subdelegada e mailo alcalde puxeron en valor o grado grao de eficacia e colaboración dos corpos e forzas de seguridade. Neste sentido resaltou que a taxa de criminalidade sitúase en 29 delitos por cada 1000 habitantes, moi por debaixo da media provincial que está en 37 e tamén da media galega que se sitúa en 35.

O alcalde, Blas García, deu as claves destes bos datos en comparación coa media autonómica e provincial, a coordinación e o bo entendemento entre os distintos corpos policiais: “Un concello en continuo crecemento necesita todos os efectivos posibles para garantir a seguridade da nosa veciñanza, a boa sintonía coa Policía Nacional e coa Garda Civil fai posible ampliar a cobertura”.

Ademais, segundo os datos aportados o nivel de esclarecementos mellora con respecto ao ano anterior tanto nos delitos leves como nas infraccións penais, manténdose apenas sen variación no resto; neste senso resaltouse novamente a cooperación entre institucións sinalando que “esta colaboración é clave, e que quero agradecer especialmente ao alcalde, Blas García, a implicación e apoio constante. Vamos a seguir traballando nesta liña para que Ames continúe sendo un concello seguro”.

Sistema VioGén

A subdelegada indicou que Ames é un dos 23 concellos plenamente adheridos ao sistema VioGén na provincia, na que hai 8 máis en proceso. Os obxectivos de VioGén consisten en aglutinar ás diferentes institucións públicas que teñen competencias en materia de violencia de xénero, integrar toda a información de interese que se estime necesaria para facer unha predición do risco, e atendendo ao nivel de risco, realizar o seguimento e protección das vítimas en todo o territorio nacional.

O que persegue o Goberno a través deste VioGén é establecer unha tupida rede que permita o seguimento e protección de forma rápida, integral e efectiva das mulleres maltratadas, e dos seus fillos e fillas, en calquera parte do territorio nacional. “Hoxe máis que nunca, quero pedir a todas as mulleres vítimas de violencia de xénero na provincia que denuncien, que non teñan medo e que dean un paso a fronte para que o sistema poida axudalas e protexelas”, sinalou Rivas.

Neste sentido a subdelegada do Goberno indicou que as forzas e corpos de seguridade traballan diariamente de xeito coordinado nos 2.402 casos activos na provincia. “Temos que seguir traballando sen descanso para protexer a cada unha da mulleres que están dentro do sistema VioGén, son 2.402 vidas condicionadas pola violencia atávica e estrutural que é o machismo, e que precisan do noso esforzo diario para protexelas a elas e as súas familias. Todos os esforzos son necesarios, os da Policía Local e a Garda Civil, pero tamén os de toda a sociedade. Non debemos darlle as costas aos comportamentos violentos e machistas, debemos denuncialos”, subliñou a subdelegada.

A subdelegada insistiu que a procura da igualdade e a loita contra a violencia de xénero son eixos fundamentais da acción do Goberno, que se expresa tamén en medidas como o Pacto de Estado, do que é beneficiario o concello de Ames, que recibiu 85.144,26 euros dende o ano 2018 para desenvolver políticas de igualdade, accións de concienciación e actividades encamiñadas á consecución dunha sociedade máis igualitaria e con tolerancia cero contra a violencia machista e os discursos negacionistas. Neste sentido tamén se expresou o rexedor que resaltou que “o único número tolerable en canto a violencia de xénero é 0”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Abundando neste asunto, a subdelegada animou ao Concello de Ames a seguir traballando na prevención e na concienciación a través da mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero xa constituída, e que tamén existe noutros 39 concellos da provincia.

Etiquetas

amescriminalidadedatosradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego