ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

A Policía Local de Santiago imparte un curso sobre seguridade viaria para persoas maiores

 

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de marzo de 2024 a las 18:15

Compartir

 

 

14/03/2024.- O Centro Sociocultural de Fontiñas acolleu esta semana unha charla sobre seguridade viaria impartida por membros da Policía Local e dirixida a persoas maiores de 65 anos. Baixo o título «Maiores máis seguros», a formación completouse cunha ruta práctica polo barrio das Fontiñas co obxectivo de identificar os posibles perigos e os lugares máis seguros por onde camiñar e cruzas as vías durante o percorridos cotiás das persoas participantes.

Enmarcada no programa de actividades do Departamento de Educación Viaria da Policía Local, o obxectivo desta charla é achegar unha serie de recomendacións ás persoas maiores para que poidan desenvolver un papel activo na prevención de accidentes na vía pública tendo en conta as particularidades asociadas á súa idade. Así, durante a formación celebrada no CSC de Fontiñas, as persoas asistentes recibiron indicacións sobre cales son as conductas máis seguras á hora de camiñar e cruzar por unha estrada ou vía urbana ou de utilizar o transporte público.

Respecto á condución de vehículos, os instructores tamén fixeron fincapé nunha serie de recomendacións asociadas ás limitacións propias da idade como a pérdida de visión, de oído ou diminución de reflexos, etc. Neste sentido, os axentes recordaron a importancia de someterse a revisións periódicas e tamén alertaron dos efectos negativos que moitos medicamentos teñen na condución de vehículos, de ahí a necesidade de consultalo co médico ou confirmalo no prospecto do produto.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A actividade rematou cun paseo polas rúas da zona de Fontiñas para amosar dunha maneira práctica a estas persoas cales son os perigos cos que se poden encontrar nas súas rutas diarias e cales son os lugares mais seguros por onde camiñar e cruzas as vías. Ademais, cada persoa participante recibiu cadanseu chaleco reflectante para que cando vaian camiñando polas vías públicas sexan perfectamente visibles con suficiente antelación polos conductores que se acheguen a eles.

Etiquetas

compostelacursomaioresPolicia localradio lider santiagosantiagosociedade
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.