ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

A mediados de setembro comezarán as obras de reforma do Museo Reimóndez Portela

Suporán unha actualización do recinto despois de máis dunha década de peche ao público.

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de septiembre de 2025 a las 14:18

Compartir

Os traballos teñen asociado un orzamento de 50.000 euros e durarán varias semanas, incorporando o patio exterior do inmoble ao percorrido e discurso museístico.

“Na semana do 15 de setembro será protagonista o inicio das esperadas obras do Museo Reimóndez Portela para a sua pronta reapertura. Falamos de obras que teñen que ver coa mellora das súas fachadas, dos paramentos exteriores, tamén da conservación das paredes interiores, nova instalación eléctrica e mellora das diferentes carpinterías”. O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, anunciaba así esta fin de semana o inminente inicio dos traballos necesarios para afrontar a reapertura dunha infraestrutura cultural que leva máis dunha década pechada ao público.

“Son unhas obras que durarán varias semanas e que teñen asociado un importe de 50.000 euros”, continuou Louzao, que informou de que a actuación no tamén denominado Museo do Pobo Estradense contará coa colaboración da Consellería de Cultura. “É o impulso necesario para que moi pronto A Estrada volva ter este céntrico espacio adicado á súa cultura e á súa historia, dous aspectos que centrarán o discurso museístico”, dixo o rexedor.

Aínda que o arranque das obras demorouse levemente con respecto aos tempos inicialmente previstos, a actuación ten xa, pois, un horizonte claramente definido e chega despois de que nos últimos meses se estivera realizando nestas instalacións municipais a retirada de diverso material que non era susceptible de someterse ao proceso de catalogación e ordenamento de fondos que se realizará tras a execución das reformas agora previstas.

Posta a punto

Os traballos supoñen unha actualización e posta a punto do recinto tras anos de peche continuado, se ben é certo que desta volta se aposta por que o acondicionamento chegue tamén ao patio exterior para que, cando se produza a pronta reapertura que se espera, este pase a integrarse ao percorrido expositivo.

Máis polo miúdo, no exterior contémplase a restauración das carpintarías de madeira mediante un decapado do verniz existente en mal estado, con posterior lixado, novo vernizado e selado. Pintaranse as reixas situadas tanto nas carpintarías como no peche da parcela e limparanse os muros de pedra do edificio e do peche da parcela. Aproveitarase a obra para a retirada de sedimentos da zona empedrada a sementarase herba na área axardinada.

Xa no interior, as obras contemplan a substitución do cadro eléctrico; lixado e empastado de paramentos interiores deteriorados pola humidade; aplicación de pintura plástica satinada e a formación dun falso teito de cartón xeso no despacho situado na planta alta.

Neste edificio dende 1996

O Museo do Pobo Estradense trasladouse ó edificio que ocupa actualmente no ano 1996, na sede do antigo Matadoiro Municipal. Nos últimos anos o inmoble foi obxecto de varias actuacións de mellora estrutural e de renovación da cuberta, creándose zonas novas, como a galería perimetral da nave central.

Aínda que non se ten unha cifra exacta das pezas que integran os fondos do museo que leva o nome do humanista Manuel Reimóndez Portela, a última estimación barallada pola dirección apunta a que pode estar por encima das 2.000. Entre elas figuran moitas etnográficas (algunhas vencelladas ao traballo do liño, á labranza ou á tornaría), arqueolóxicas, pictóricas ou fotográficas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Contan as instalacións con cadros de Laxeiro, Colmeiro, Castelao, Miguel Docampo, Xesús Muras, Fragoso, Ángel Lemos de los Reyes, Morales, Ramiro Cimadevila, Jano Sanmartín, Susana Pazo Maside, Santiago Tato, José María Barreiro ou Daniel Cifuentes. No fondo fotográfico existen negativos de Ovidio Piso ou Celestino Fuentes, entre outros. Súmanse ao legado que agora poderá exporse novamente maquetas a escala da antiga e desaparecida igrexa ou o Cruceiro da Estrada.

Etiquetas

a estradaMuseo Reimóndez Portelaobras
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra
Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas
Comarca

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas

A Festa do Salmón da Estrada consolida o seu renacer cun éxito masivo
Comarca

A Festa do Salmón da Estrada consolida o seu renacer cun éxito masivo

Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas
Comarca

Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas