ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de mayo de 2026 a las 23:09

Compartir
  • Será ás 11.00 horas diante do monolito a Marcial Valladares.
  • A obra “As mil e unha” repasará o xoves a traxectoria da xornalista Begoña Caamaño.

A comunicadora, actriz e presentadora Neves Rodríguez foi e escollida este ano para dar lectura ao pregón das Letras Galegas na Estrada, nun 17 de maio que coincide no municipio coa celebración da Festa do Salmón. Será a tamén a condutora do espazo “É de mañá”, na emisora municipal Radio Estrada, a encargada de dirixirse a todos os estradenses nun día no que Galicia enteira lembra e homenaxea á xornalista Begoña Caamaño.

O pregón das Letras Galegas está programado este ano cunha hora de adianto con respecto ao horario habitual. Deste xeito, no canto das 12.00 horas, o acto co que A Estrada conmemora cada 17 de maio as Letras Galegas será nesta ocasión ás 11.00. O que non mudará é o espazo: será diante do monolito que lembra a Marcial Valladares Núñez, ata o de agora o único estradense ao que lle dedicaron as Letras Galegas (no ano 1970).

O acto estará amenizado, coma de costume, pola Banda de Gaitas de Barbude. Despois dunha breve presentación, Neves Rodríguez dará lectura ao pregón, seguida da intervención institucional do alcalde, Gonzalo Louzao, e da realización dunha ofrenda floral. Será ese o momento máis emotivo da celebración, xusto cando comece a soar o Himno Galego.

En todo caso, aínda coincidindo co nutrido programa de actos da Festa do Salmón, as Letras Galegas teñen tamén outros eventos especificamente asociados na programación cultural destes días. A elas se vencella a aposta municipal por actividades como o Festival Folclórico do que a agrupación Tequexetéldere é anfitrioa ou o propio concerto de Mondra, que chega por medio da Deputación de Pontevedra.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Pero, ademais, este xoves a celebración das Letras Galegas terán unha antesala na Estrada da man do espectáculo “As mil e unha” que, da man das historias e a música, achegarase un chisco máis ao legado da admirada Begoña Caamaño. Trátase da nova sesión da narradora oral Vero Rilo na que, acompañada polo músico Luis Iglesias, achega un espectaculo de narración oral e música para público familiar. A peza chega ao municipio estradense da man da Secretaría Xeral da Lingua. Será ás 19.00 horas, no Teatro Principal e con entrada de balde.

Etiquetas

a estradaletras galegas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra
Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas
Comarca

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas

A Festa do Salmón da Estrada consolida o seu renacer cun éxito masivo
Comarca

A Festa do Salmón da Estrada consolida o seu renacer cun éxito masivo

A Estrada inaugura este sábado a súa peonil Praza de Galicia
Comarca

A Estrada inaugura este sábado a súa peonil Praza de Galicia