ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaTurismo

A marca turística “Ría da Estrela – Muros Noia” preséntase ao mercado nacional en FITUR

 

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de enero de 2024 a las 20:18

Compartir

 

 

A presidenta da ARD Rías de Muros-Noia, Teresa Villaverde, lanzará o vindeiro venres 26 de xaneiro unha marca que englobará os atractivos turísticos, culturais e gastronómicos dos cinco municipios

22 de xaneiro de 2024.- “Hoxe nace unha estrela, a Ría da Estrela”. Este é o título da presentación da Ría de Muros Noia, que terá lugar o vindeiro venres 26 de xaneiro no marco da celebración de FITUR 2024. A presidenta da ARD Ría de Muros Noia e alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, destacou a importancia de “estar unidos para promocionar a nosa Ría, que é máxica. Contamos cun xeodestino no que a xente ten a oportunidade de visitar varios concellos, cada un coas súas singularidades e atractivos que temos que seguir traballando para poñelas en valor”.

Por este motivo, Teresa Villaverde explica que “neste ano 2024 lanzaremos definitivamente a marca turística Ría da Estrela-Ría de Muros Noia ao mercado nacional, una marca que por unha banda seguirá ancorando á Ría de Muros Noia todas as propostas baseadas nos recursos turísticos, naturais e culturais así como as propostas provenientes dos concellos, pero por outra banda permitirá no futuro inmediato un reforzo dende o punto do visto do marketing para os produtos concretos que promociona o destino como Peregrinacións marítimas, turismo activo, turismo industrial, praias, etc.”

Así, A Ría de Muros Noia fará dúas presentacións en FITUR: unha no stand de Galicia, dirixida aos profesionais do sector turístico, e unha segunda dirixida especificamente aos medios de comunicación”. A presentación no stand de Galicia (pavillón 9, parcela 9C079C09) terá lugar o venres 26 de xaneiro, ás 12:30 horas. O acto será retransmitido vía streaming a través da páxina de Facebook @riademurosnoia.

Finalmente, ás 14:00 horas terá lugar unha degustación de produtos da ría da marca “KM 0 MarGalaica”, xunto ao stand de Galicia. Unha degustación elaborada por Pepe Senande, do Restaurante A Muradana (Muros), e Lucinda Caamaño, da Casa do Zuleiro (Outes) e composta por mexillóns de muros e peixes da marca Azul de Portosín (Porto do Son).

Camiño a Santiago

A maiores, o persoal da Ría da Estrela aproveitará o marco de FITUR para promover o Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia. “Temos unha axenda de traballo con moitas reunións establecidas e relacionadas co Camiño, que cada año medra en seguidores. Apostamos dende o principio polas peregrinacións marítimas e a realidade nos dá a razón, pois son as únicas peregrinacións marítimas que existen no mercado como produto comercial e que están baseadas nun feito histórico”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Teresa Villaverde estará acompañada polos alcaldes de Noia, Santiago Freire Abeijón; de Muros, María Lago Lestón, e de Porto do Son, Luís Oujo Pouso; así como pola concelleira de Turismo e Patrimonio de Outes, Soledad Agra Tuñas; e pola concelleira de Cultura de Muros, Caridad González Cerviño.

Etiquetas

Fiturmurosnoiaturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago
Actualidad

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

O programa ‘Goza do Ulla’ percorrerá 20 concellos ao longo do río
Comarca

O programa ‘Goza do Ulla’ percorrerá 20 concellos ao longo do río