ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

A Mancomunidade do Camiño Francés presenta unha guía para poñer en valor os produtos locais

Arzúa, 25 de febreiro de 2026.– A queixería Barral acolleu, coincidindo coa renovación das súas instalacións, a presentación da nova guía gastronómica da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, unha publicación que nace co obxectivo de amosar un auténtico Camiño de sabores.

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de febrero de 2026 a las 21:03

Compartir

No acto participaron os alcaldes e representantes dos concellos integrantes da Mancomunidade, que estiveron acompañados polo director da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa Montenegro.

Baixo o título “Saborea o Camiño Francés”, a guía pretende afastarse do formato tradicional das publicacións gastronómicas. Así o destacou a presidenta da Mancomunidade, Begoña Balado Conde: “Pode que non teñamos chefs estrela Michelin ou restaurantes de cinco tenedores, pero o que si temos é produto, moi bo produto. Produto propio, diferenciado e en ocasións único; en definitiva, produto que hai que probar, saborear e deixarse sorprender por el”.

A publicación estrutúrase en catro apartados comúns aos once concellos participantes:

  • Un produto que conta a súa historia, destacando a tradición e a identidade local.

  • Un apartado con máis sabores do concello, ampliando a oferta gastronómica de cada territorio.

  • Unha receita representativa, escollida entre as moitas posibles.

  • Unha “gastroaxenda”, con feiras e eventos gastronómicos de cada municipio.

A guía estará accesible para todo o público en galego, castelán e inglés a través da páxina web: https://issuu.com/caminofrances.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Con esta iniciativa, a Mancomunidade reforza a aposta pola promoción do produto local como elemento diferenciador do Camiño Francés, ofrecendo aos peregrinos e visitantes unha experiencia que vai máis alá do percorrido histórico e cultural: unha viaxe polos sabores de Galicia.

Etiquetas

Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Mancomunidade do Camiño Francés reforza en Cantabria a relación co Camiño Lebaniego
Comarca

A Mancomunidade do Camiño Francés reforza en Cantabria a relación co Camiño Lebaniego

A Mancomunidade do Camiño Francés reforza a súa proxección internacional e destaca o valor turístico e económico da ruta
Actualidad

A Mancomunidade do Camiño Francés reforza a súa proxección internacional e destaca o valor turístico e económico da ruta

O Camiño Francés reivindica o seu papel como referente da cultura Europea
Actualidad

O Camiño Francés reivindica o seu papel como referente da cultura Europea

Millán Mon reivindica desde Arzúa os Camiños de Santiago como “Camiños de Europa”
Actualidad

Millán Mon reivindica desde Arzúa os Camiños de Santiago como “Camiños de Europa”