ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDestacadoNoticia LíderTurismo

A Mancomunidade do Camiño Francés reforza a súa proxección internacional e destaca o valor turístico e económico da ruta

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de marzo de 2026 a las 13:14

Compartir
  • A presidenta, Begoña Balado, destaca o traballo dunha entidade integrada polos 11 concellos polos que discorren os últimos 160 quilómetros do Camiño Francés antes da chegada a Santiago de Compostela

O Camiño Francés non é só unha ruta de peregrinación, senón unha experiencia que combina historia, cultura, paisaxe, gastronomía e identidade. Así o defendeu Begoña Balado, presidenta da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés e concelleira de Turismo de Arzúa, quen puxo o foco no papel estratéxico deste itinerario nos once concellos do último treito galego: Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, O Pino e Arzúa.

“O Camiño de Santiago é un dos motores máis importantes da economía dos once concellos”, afirmou, destacando o impacto directo no turismo e na hostalería, cun crecemento sostido da oferta de aloxamento.

Balado insistiu tamén en corrixir a percepción sobre a afluencia de visitantes e subliñou que “o Camiño Francés non está masificado en absoluto”, explicando que os momentos de maior presenza concéntranse en meses puntuais como xullo e agosto.

A mancomunidade, que cumpre 25 anos, integra concellos de distintas cores políticas que traballan cun mesmo obxectivo. “Somos de diferentes cores políticas, pero temos unha finalidade común: a promoción dos nosos concellos e do Camiño”, destacou, poñendo en valor a coordinación institucional.

Proxección internacional e cooperación

Esa colaboración tradúcese nunha intensa actividade de promoción fóra de Galicia. Por primeira vez na súa historia, a mancomunidade reuniu en Ribadiso (Arzúa) a eurodeputados galegos, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares, nun acto no que se reivindicou o papel do Camiño Francés como unha das grandes arterias culturais de Europa, coincidindo co 40 aniversario da entrada de España na Unión Europea.

Esta liña de traballo terá continuidade cunha próxima viaxe a Bruxelas, onde a entidade levará parte da realidade do Camiño ás institucións europeas para reforzar a súa visibilidade internacional.

No ámbito da cooperación, a mancomunidade avanza tamén nun irmandamento con tres concellos do sur de Gran Canaria, previsto para o mes de abril, co obxectivo de intercambiar promoción turística e dar a coñecer os produtos locais en ambos territorios. Segundo explicou Balado, “eles van expoñer os seus produtos aquí no Camiño e nós levaremos os nosos a Gran Canaria”.

Balado tamén fixo referencia ao aumento do perfil internacional do peregrino, con maior presenza de visitantes procedentes de Canadá, Australia e países asiáticos, un fenómeno que confirma a dimensión global do Camiño.

A promoción do territorio pasa tamén por reforzar a súa identidade a través da gastronomía. Neste contexto, a mancomunidade vén de presentar a guía Saborea o Camiño Francés, unha iniciativa que pon en valor os produtos característicos dos once concellos e que busca conectar ao visitante co territorio a través do sabor.

Non se trata só dunha proposta gastronómica, senón dunha ferramenta para dar a coñecer a riqueza de cada municipio e favorecer que a experiencia do Camiño vaia máis alá da peregrinación. “Queremos que os peregrinos volvan, con máis tempo, coas súas familias, para descubrir cada recuncho dos nosos concellos”, explicou.

Entre as accións impulsadas pola entidade, a presidenta lembrou tamén que no mes de novembro se trasladou ao papa León XIV unha invitación oficial para realizar o Camiño de Santiago con motivo do Ano Santo 2027.

Xunto ás fortalezas, Balado puxo o acento nos retos pendentes, especialmente en materia de comunicacións. “É un problema grave que se debe solucionar de maneira inmediata”, advertiu, en referencia á redución de voos no aeroporto de Santiago e ás dificultades de conexión con puntos clave como Sarria.

De cara á Semana Santa, animou a achegarse ao Camiño Francés, destacando que se trata dunha experiencia accesible e segura para todo tipo de perfís. “Pode facerse só, con amigos, en familia… cada quen ten a súa propia maneira de vivir o Camiño”, asegurou, ao tempo que convidou tamén a visitar os concellos polos que discorre, lembrando que “temos moito que ensinar en cada un dos nosos municipios”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

begoña baladocamino de santiagocamiño francesMancomunidade de Municipios Galegos do Camiño FrancésMancomunidade Municipios Galegos do Camiño Francés
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Mancomunidade do Camiño Francés reforza en Cantabria a relación co Camiño Lebaniego
Comarca

A Mancomunidade do Camiño Francés reforza en Cantabria a relación co Camiño Lebaniego

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A II Marcha Cicloturista BTT Arzúa – Destino Verde contará cunha Mini BTT para a cativada
Actualidad

A II Marcha Cicloturista BTT Arzúa – Destino Verde contará cunha Mini BTT para a cativada

Arzúa presenta a II Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde con tres percorridos
Deportes

Arzúa presenta a II Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde con tres percorridos