ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacado

A LII Festa das Carrozas do San Cidre reúne a centos de persoas no Oural

“Os Cheas” gañan o trofeo á mellor carroza desta edición, na que se homenaxeou ás peñas de Oural e Rebordaos por levar participando dende a primeira edición de xeito ininterrompido 

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de mayo de 2026 a las 22:10

Compartir

Boqueixón, 17 de maio de 2025.- O campo da festa do Oural quedou pequeno para desfrutar da edición número 52 da Festa das Carrozas do San Cidre. Unha edición marcada pola súa declaración como Festa de Interese Turístico “da que tendes que presumir con orgullo porque non poucas festas poden tela”, asegurou o concelleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, quen asegurou que “estamos nunha festa francamente excepcional”.

Unha afirmación realizada durante o pregón e entrega de premios ás mellores carrozas, onde o conselleiro estivo acompañado polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro; o presidente da Asociación das Carrozas do San Cidre, Alejandro Pena; o presidente da Comisión de Festas do San Cidre, Antonio González; a presentadora e actriz María Mera, como pregoeira; e Javier do Nervioso, como mestre de cerimonias, entre outras personalidades.

Recuperación etnográfica, patrimonial e cultural

Román Rodríguez salientou que “detrás de cada carroza hai moito traballo colectivo, moita convivencia e iso é algo que falta nos nosos días: algo que nos una e nos dea unha visión común. Sodes un exemplo de colaboración, convivencia e de ser festeiros. Iso é a cultura de Galicia”. Así mesmo, puxo en valor tanto o traballo da rapazada do CRA Boqueixón Vedra como do libro editado pola Asociación das Carrozas do San Cidre polo seu “traballo de recuperación etnográfico, patrimonial e cultural destas carrozas. É un libro para presumir e para estar orgullosos”.

Un punto no que coincidiu Ovidio Rodeiro, que felicitou aos veciños e veciñas do Oural por “máis de 50 anos de traballo que se recolleron nun libro. Moi poucas parroquias de Galicia poden contar cunha publicación deste nivel e poder recoller a historia viva dunha parroquia durante medio século cos testemuños de moitos veciños da parroquia. Parabéns á asociación das Carrozas do San Cidre e á Comisión de Festas por facer de este o ano máis importante das últimas edicións, boa mostra disto foi a renovación das carrozas”. O alcalde de Boqueixón felicitou á veciñanza polo recoñecemento como Festa de Interese Turístico de Galicia: “Un recoñecemento a máis de medio século de traballo dos homes e as mulleres do Oural que, con traballo e coa súa unión, conseguiron afianzar esta festa”.

Distincións

O premio á mellor carroza do Desfile das Carrozas do San Cidre 2026 foi para “Os Cheas”, terceiros na edición de 2025, que recolleron a distinción de mans do conselleiro Román Rodríguez. Unha espectacular carroza que recreaba un patio de recreo do Oural. O segundo premio foi para “Os Cuchipandas”, segundos en 2025, que recrearon o ambiente dun antigo batán. Recibiron o galardón de mans do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato. O terceiro premio foi para “Sin Lei quero”, coa súa malladora, a quen entregou o premio o presidente da Comisión de Festas do San Cidre, Antonio González.

Finalmente, entregáronse unhas distincións ás peñas de Oural e Rebordaos por levar participando no desfile das Carrozas do San Cidre dende a primeira edición e de xeito ininterrompido durante este máis de medio século.

Polo campo da festa non faltaron a parella de bois co carro portando a figura do San Cidre, así como a música coas charangas BB+ e Os Atrevidos e a banda de gaitas Nova Fronteira, que acompañaron á tradicional degustación de viño e petiscos variados en cada carroza: queixo, arroz, xamón, filloas, chourizos… A eles se engadiron este ano tres food-trucks de Bico Xeado, Orixes Galegas e Eivissa. A orquestra La Ocaband puxo o punto e final á festa.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.