ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

A I Marcha BTT Cicloturista “Arzúa Destino Verde” alcanza os 400 inscritos

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de mayo de 2025 a las 17:19

Compartir
  • O evento celebrarase este sábado 24 de maio, dende as 09:30 horas, cunha ampla participación que consolida Arzúa como destino verde e dinamizador do comercio e a hostalería local

Arzúa, 22 de maio de 2025.- A primeira edición da Marcha BTT Cicloturista “Arzúa Destino Verde”, organizada pola Concellería de Turismo do Concello de Arzúa, está a superar todas as expectativas cun total de 400 persoas inscritas.  A cita, que se celebrará este sábado 24 de maio, con saída ás 9:30 horas dende o campo da festa de Santa María, conta con dúas opcións de percorrido: unha ruta curta de 31 km e outra longa de 46 km.

Esta elevada participación supón un importante respaldo á iniciativa e sitúa a Arzúa como un destino verde de referencia, ademais de contribuír á promoción do comercio e da hostalería local. O evento atraerá a centos de visitantes que descubrirán non só os fermosos espazos naturais da contorna, senón tamén a súa oferta gastronómica e de servizos.

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, amosou a súa satisfacción pola acollida da proba: “Para nós é unha enorme satisfacción comprobar que esta primeira edición da marcha BTT tivo tan boa acollida.  Detrás desta iniciativa hai moito traballo e ilusión, e ver que 400 persoas apostan por Arzúa como destino para gozar da natureza e do deporte é moi emocionante. Queremos dar as grazas a todas as persoas participantes e tamén ás corenta entidades e empresas que se implicaron.

O noso concello está preparado para ofrecer unha experiencia inesquecible a quen nos visite”, destacou. A proba discorrerá por espazos de gran beleza paisaxística e interese cultural, como as corredoiras de Pantiñobre, a capela de San Xoán de Navas ou a emblemática Fontesanta, contribuíndo á valorización do patrimonio natural e histórico do municipio.

Cómpre salientar tamén o importante apoio recibido por parte do tecido empresarial: máis de corenta entidades e empresas sumáronse á colaboración co evento, ofrecendo premios como noites de aloxamento ou xantares, así como outros agasallos ou diversos servizos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A organización convida a toda a veciñanza e visitantes a achegarse este sábado para gozar dunha xornada que combinará aventura, natureza, e turismo sostible no corazón de Galicia.

Etiquetas

arzuaBTTciclismodeportesdestino verde
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”