ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

A fibra óptica chega xa a 104 dos 106 núcleos de poboación de Boqueixón

 

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de octubre de 2024 a las 16:04

Compartir
  • A compañía Rede Aberta está a tramitar os permisos precisos para que as aldeas de Loureda e Orto poidan dispoñer desta cobertura

Boqueixón, 14 de outubro de 2024.- Boqueixón conta con servizo de rede de fibra óptica no 98,1% das aldeas do municipio. Durante o pasado verán entrou en funcionamento o servizo de fibra nos núcleos de A Igrexa (A Granxa), Loureiro (Pousada), O Cubelo (Vigo) e O Casal (Lamas), ao que hai que sumar o lugar da Alboia, que se conformou como unha nova aldea de Lamas. Deste xeito, 104 dos 106 núcleos de poboación de Boqueixón xa dispoñen do servizo de fibra óptica.

Neste momento, unicamente as aldeas de Loureda (Loureda) e Orto (Boqueixón) non contan con este servizo, xa que non hai liña de postes de teléfono que dean cobertura a estes lugares. O Concello de Boqueixón informa de que a compañía Rede Aberta está tramitando os permisos necesarios con Naturgy e Udesa, para así poder completar o servizo nestes núcleos, a través da rede de postes do tendido eléctrico.

“Deste xeito, a finais do ano 2024, o 100% dos núcleos de poboación de Boqueixón contarán co servizo de fibra, quedando casos puntuais, que se intentarán atender de forma individualizada”, explica o alcalde, Ovidio Rodeiro, que apunta que “con estas actuacións, o noso concello poderá contar cun servizo imprescindible hoxe en día para o teletraballo, a telemedicina, o estudo dos mais cativos, para as empresas e o ocio, un servizo que contribúe á mellora da calidade de vida e do desenvolvemento económico de Boqueixón”.

Etiquetas

boqueixonfibra optica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027
Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego
Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna
Comarca

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias
Comarca

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias