ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

A Estrada lanza os seus campamentos de verán

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de mayo de 2025 a las 19:22

Compartir
  • Dirixido a escolares de entre 3 e 12 anos, o prazo de inscrición estará aberto do 27 de maio ao 6 de xuño.
  • As instalacións do CEIP Figueiroa acollerán este verán aos campistas do Pérez Viondi, que continuará en obras.

A Estrada, 14 de maio de 2025.- O Concello da Estrada lanzou hoxe a convocatoria dos campamentos de verán que organiza o departamento de Servizos Sociais co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar durante os meses de verán.

Dirixidos a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, celebraranse nos meses de xullo, agosto e ata o 5 de setembro, en horario de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

O campamento desenvolverase nas instalacións dos colexios Oca, O Foxo, Cabada Vázquez, Villar Paramá e Figueiroa. Este último acollerá este ano aos campistas que, de xeito habitual, acudían ao Pérez Viondi, centro educativo no que continuarán as obras en execución aproveitando o paro estival da actividade lectiva.

O prazo de inscrición abrirase o martes 27 de maio e a matrícula pecharase o día 6 de xuño. Convócanse 20 prazas por quincena e centro, a excepción das que se vencellan ao CEIP Figueiroa, no que haberá 40 prazas por quincena.

A cota de inscrición será de 35 euros por participante e quincena (durante os meses de xullo e agosto). Durante os días do mes de setembro a cota será 25 euros por participante. O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (28€ en xullo e agosto, 20€ en setembro). A partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuíto.

As solicitudes deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada (en horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres) ou a través da sede
electrónica (https://aestrada.sedelectronica.gal). No tocante á documentación que os interesados deberán presentar xunto coa solicitude, será preciso achegar DNI do neno/a; DNI do pai, nai ou titor; libro de familia (se solicita bonificación por segundo ou terceiro irmán participante); fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cota á Seguridade Social no réxime especial de traballadores por conta propia; fotocopia da declaración do IRPF de ambos proxenitores.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A ficha de inscrición e a información dos criterios de prioridade están dispoñibles xa na páxina web do Concello da Estrada para a súa descarga.

Etiquetas

a estrada
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra
Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas
Comarca

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas

A Festa do Salmón da Estrada consolida o seu renacer cun éxito masivo
Comarca

A Festa do Salmón da Estrada consolida o seu renacer cun éxito masivo

Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas
Comarca

Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas