ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

A Estrada despide un Nadal que encheu as rúas de vida

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de enero de 2026 a las 11:46

Compartir
  • A cabalgata de Reis volve atraer visitantes chegados doutros concellos próximos e a de Papá Noel continúa incrementando a súa afluencia.
  • De cara a vindeira edición, o Concello valora incrementar as carrozas que acompañan o desfile do 24 de decembro.
  • No ámbito cultural péchase un mes de programación con preto de 40 actividades.
  • No plano deportivo, a San Silvestre e a San Silveira pulverizan as súas propias marcas en Fin de Ano e logran recadar máis de 1.200 quilos de alimentos para Cáritas.

A Estrada, 7 de xaneiro de 2026.- Coas estampas da visita dos Reis Magos aínda moi presentes, chega o momento de facer balance de toda a actividade programada durante a celebración do Nadal no Concello da Estrada. Distintos departamentos municipais confluían hoxe nesta valoración e coincidían en estimar moi satisfactoria a marcha dos distintos eventos programados, aplaudido a masiva afluencia nas rúas e agardando que esta se traducira nun positivo impacto para a vertente comercial asociada a estas festas.

O concelleiro de Promoción Económica e Servizos Municipais, Óscar Durán, subliñou o éxito acadado, un ano máis, polas cabalgatas do 24 de decembro e do 5 de xaneiro. “A cabalgata de Papá Noel volveu darnos unha sorpresa moi agradable. É un evento que non se programa
en todos os concellos, que cada ano ten máis público e que constitúe un importante aliciente para hostalería e comercio”, sinalou. Lembrou que este ano o percorrido de Papá Noel polas rúas da Estrada estivo potenciado cun desfile de personaxes de animación e adiantou que se está valorando incorporar na vindeira edición “unha ou dúas carrozas máis”.

“A de Reis foi un auténtico espectáculo”, continuou Durán. Puxo o acento en que a cabalgata do 5 de xaneiro na Estrada volveu ser un éxito, respaldada de xeito masivo por público local e foráneo. “A xente na rúa compáraa coa cabalgatas de grandes cidades, sen ánimo de desmerecer a ninguén”, recoñeceu o concelleiro, que sinalou a presenza de moitos espectadores chegados doutros concellos.

Nesta ocasión, os Reis Magos desfilaron nunha comitiva conformada por oito carrozas, acompañados pola Banda de Música Municipal da Estrada e a Banda de Gaitas de Barbude. O tempo recomendou celebrar a recepción no Teatro Principal, ateigada de nenos e nenas desexosos de compartir os seus desexos cos Reis.

Neste Nadal as cabalgatas da Estrada distribuíronse máis de 3.000 quilos de caramelos. Durán no esqueceu recoñecer e agradecer hoxe todo o esforzo organizativo que para o bo desenvolvemento destes desfiles realizou o persoal municipal, os axentes da Policía Local e tamén Emerxencias da Estrada. Recordou a complexidade engadida de ter que cortar momentaneamente a N-640, unha cuestión que brindou ao concelleiro a oportunidade de reivindicar a chegada da tan agardada variante.

No tocante á iluminación, o responsable desta ornamentación amosouse convencido de que o esforzo nesta materia cubre xa as necesidades. “A xente vén á Estrada a ver o ambiente que se crea na rúa, non vén por se temos cada ano unha árbore máis alta que a anterior. De cara ao próximo Nadal temos que darlle unha volta e pensar nun atractivo que non pase por incrementar as luces”, indicou.

De récord

No eido deportivo este foi un Nadal de récord. Dende o departamento que dirixe Ismael Pena concretouse hoxe que tanto a San Silvestre do 31 de decembro como a San Silveira de BTT superaron todas as marcas de edicións anteriores. O mesmo acontenceu coa San Silvestre Acuática do 24 de decembro.

Na proba de bicicleta participaron un total de 177 deportistas e na carreira de Fin de Ano foron 905 os dorsais distribuídos. Atendendo ao carácter benéfico das dúas probas, o récord chegou tamén na cantidade de alimentos recollidos a prol de Cáritas Parroquial da Estrada, estimando que se entregaron máis de 1.200 quilos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

No apartado cultural, o Nadal despídese na Estrada pechando un programa conformado porpreto de 40 actividades no prazo dun mes, entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro. A concelleira de Cultura, Lucía Seoane, sinalou que foron moitos os eventos que se desenvolveron con aforo completo (caso de varios dos programados na Sala Abanca ou de espectáculos coma “Pincho” ou o concerto de Nadal do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso) e que serviron para encher de ambiente as rúas. Considerou que a programación deseñada foi variada e pensada para o desfrute de cidadáns de todas as idades.

Etiquetas

a estradanadal
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra
Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas
Comarca

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas

A Festa do Salmón da Estrada consolida o seu renacer cun éxito masivo
Comarca

A Festa do Salmón da Estrada consolida o seu renacer cun éxito masivo

Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas
Comarca

Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas