ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadTurismo

A Deputación de Pontevedra confirma que o turismo internacional medrou un 10%

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de enero de 2026 a las 11:42

Compartir
  • A firme aposta do organismo provincial pola internacionalización do destino está a dar os seus froitos, rexistrando no 2025 preto de 627.000 turistas estranxeiros

A  Deputación de Pontevedra confirma que o 2025 foi un ano de récord no sector turístico, cun crecemento do turismo internacional do 10% que revalida que a firme aposta do organismo provincial por espallar o destino polo mundo está a dar os seus froitos. En liñas globais, no ano no que a Deputación apostou por poñer o foco no interior coa campaña Cando volves?, a provincia recibiu preto de 1,8 millóns de visitantes e, deles, preto de 627.000 foron estranxeiros.

Os datos rexistrados no 2025 manifestan o crecemento que está a experimentar o destino Rías Baixas nos últimos anos. Se no 2022 foron 1,5 millóns de visitantes os que se achegaron ata a provincia de Pontevedra, no 2023 ascenderon aos 1,6 millóns e no 2024 superaron a cifra de 1,7 millóns de visitantes, dos que 573.000 foron estranxeiros. Unha tendencia crecente que se mantivo tamén o pasado ano, cos 1,8 millóns de persoas que visitaron Rías Baixas no 2025.

No que respecta ao mes de decembro, a provincia recibiu ao 38% dos visitantes que acudiron a Galicia, sendo o 68% turistas nacionais e o 32% estranxeiros. E, no que levamos de mes de xaneiro, preto de 300 persoas se achegaron á sede de Turismo Rías Baixas no Palacete das Mendoza, Pontevedra, das que o 70% eran españolas (Madrid, principalmente) e o 30% estranxeiras (Estados Unidos, Alemaña e Portugal). Entre os motivos para visitar Rías Baixas os turistas subliñaron a oferta de ocio e cultural da provincia de Pontevedra.

En canto ao Camiño de Santiago, este mes de xaneiro percorreron algunha das vías que atravesan a provincia de Pontevedra 900 peregrinos. O número máis numeroso segue a rexistrarse no Camiño Portugués, seguido do Camiño Portugués pola Costa, a Vía da Prata e o Camiño do Inverno. Neste caso, máis do 78% das persoas que percorren o Camiño son visitantes internacionais, procedentes de Estados Unidos, Italia e Portugal.

Etiquetas

deputacion de pontevedraFiturrias baixasturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago
Actualidad

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

O programa ‘Goza do Ulla’ percorrerá 20 concellos ao longo do río
Comarca

O programa ‘Goza do Ulla’ percorrerá 20 concellos ao longo do río