ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaTurismo

A concellería de Turismo lanza “Arzúa Camiña”: sete rutas guiadas para coñecer os segredos do Destino Verde

A iniciativa desenvolverase entre xuño e outubro e permitirá coñecer a paisaxe, a historia e o patrimonio natural do concello cun ciclo de andainas, abertas e de balde, con inscrición previa obrigatoria

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de junio de 2025 a las 14:12

Compartir

Arzúa, 02 de xuño de 2025.- A Concellaría de Turismo do Concello de Arzúa vén de poñer en marcha o programa “Arzúa Camiña”, unha nova iniciativa que convida a veciñanza e áspersoas visitantes a descubrir o territorio a través de sete rutas a pé, guiadas, de balde e adaptadas a diferentes niveis físicos. As andainas realizaranse en diferentes sábados entre os meses de xuño, agosto, setembro e outubro, e servirán para percorrer algúns dos lugares con máis encanto e riqueza natural do municipio.

As andainas partirán dende distintas zonas do municipio, e estarán conducidas por un guía especializado que achegará información sobre a contorna, a historia local e o patrimonio natural e cultural de cada zona. Para participar é necesario inscribirse previamente na oficina de Turismo (Praza do Peregrino s/n), no teléfono 981 50 80 56 ou no correo info@turismoarzua.gal, xa que as prazas son limitadas.

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, sinala que “Arzúa Camiña é unha proposta que nace coa vontade de promover o coñecemento do noso territorio a través do sendeirismo, poñendo en valor a paisaxe, a contorna e o patrimonio natural e cultural.  Queremos que a xente camiñe, que goce e que descubra o noso concello”.

Calendario de andainas

O ciclo comezará o sábado 14 de xuño cunha ruta polo sendeiro das Corredoiras, que partirá Praza de Galicia. Trátase dun percorrido de 15 quilómetros, cun nivel de dificultade media.

A segunda cita será o 28 de xuño por Fonte Santa, unha ruta de 12,3 quilómetros e dificultade media, que sairá dende a capela de Fonte Santa. Esta andaina conta cun nivel de dificultade media.

O 30 de agosto realizarase a terceira andaina do ciclo, que comezará na ermida da Mota e conta cunha distancia de 11 quilómetros e dificultade baixa.

O programa continuará o 13 de setembro polo val do Iso, de 12 quilómetros e dificultade baixa, con saída dende a Praza de Galicia.

A quinta andaina celebrarase o 27 de setembro pola ruta da fervenza das Hortas, cun percorrido de 17,5 quilómetros e dificultade media.

A seguinte será o día 11 de outubro, polo Camiño Francés: Boente – A Calzada. Partirá dende Boente, terá unha lonxitude de 14 quilómetros e un nivel de dificultade media.

Finalmente, o ciclo pecharase o sábado 25 de outubro cunha ruta polo embalse de Portodemouros, que sairá dende o embalse. Terá unha distancia de 12,5 quilómetros e
dificultade media.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Arzúa Camiña” forma parte da aposta do Concello de Arzúa por un modelo de turismo sostible, activo e de calidade, enmarcado na estratexia do Destino Verde, que busca promocionar os valores naturais e culturais que definen a identidade do municipio.

Etiquetas

arzuaarzua camiñadestino verdeturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago
Actualidad

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»