ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

A biblioteca municipal de Padrón conmemora o Mes do Libro con varias actividades

 

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de abril de 2024 a las 12:24

Biblioteca Municipal de Padrón

Compartir

 

 

  • A cativada será a gran protagonista das citas organizadas con motivo da celebración do Día do Libro
  • Ao contacontos ‘O xogo de Nano’ e aos obradoiros de arteterapia e pop up súmase o agasallo dun lapis infinito o martes 23 de abril
  • As prazas son limitadas polo que se precisa inscrición previa

Padrón. 16-04-2024.- O martes 23 de abril celébrase o Día do Libro, unha data especial que busca promover o amor pola lectura e a escritura, recoñecer o valor da literatura na cultura e renderlle homenaxe ao traballo dos autores.

Na biblioteca municipal do Concello de Padrón conmemoramos o Mes do Libro con tres actividades especialmente pensadas para a rapazada e para o público familiar.

A primeira delas terá lugar xa este mércores 17 de abril ás 18.00 horas e está dirixida ao público infantil entre 1 e 5 anos: ‘O xogo de Nano’.

Esta peza, que forma parte dos Nanocontos creados por Raquel Queizás, estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese.

O martes 23 toda a familia poderá gozar con ‘Son super!’, un obradoiro de arteterapia que comeza ás 17.00 horas. A cativada a partir dos seis anos, acompañados dunha persoa adulta, desfrutará desta actividade que axuda a expresar emocións, sentimentos e experiencias mediante imaxes, trazos e cores.

A biblioteca municipal acolle tamén o 30 de abril, dende ás 17.00 horas, ‘Xogando coas nubes’, un obradoiro de técnicas pop up. A mocidade de 7 a 15 anos terá a oportunidade de crear deseños creativos e sorprendentes de xeito divertido.

As tres actividades contan con prazas limitadas polo que é preciso inscribirse chamando aos números de teléfono 981 810 761 ou 645 846 479.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ademais, para celebrar o Día do Libro, todas as persoas que se acheguen ata a biblioteca municipal o martes 23 recibirán como agasallo un lapis infinito.

Etiquetas

actividadesbibliotecames do libropadronradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol