ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

A Banda Municipal da Estrada celebra este domingo o seu concerto de solistas con estrea de pezas

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de marzo de 2025 a las 20:40

Compartir
  • Brais Fernández, Víctor Bascuas e Adrián Silva serán os intérpretes solistas deste ano, acompañados da banda que dirixe Álvaro Varela.
  • Durante o concerto estrearase a peza “Fantasía concertante para frauta e banda”, do compositor Xosé Carlos Seráns Oliveira, que tamén estará presente teatro estradense.

A Estrada, 20 de marzo de 2025.- O Teatro Principal da Estrada erguerá este domingo, 23 de marzo, o pano para amosar aos integrantes da Banda de Música Municipal da Estrada sobre o escenario. Será no Concerto de Solistas que ofrecerá a formación baixo a batuta de Álvaro Varela Ferradáns.

O espectáculo arrancará ás 19.00 horas. Os músicos da banda acompañarán aos tres intérpretes solistas que protagonizarán o concerto deste ano. Un deles será o gañador de 2024, Brais Fernández Bascuas, músico de 12 anos que toca a trompeta. Os outros dous serán Víctor Bascuas Sanmartín (toca o trombón e vén de rematar o Grado Superior) e Adrián Silva Magdalena (é integrante da Banda de Música Municipal da Coruña, profesor no Conservatorio Histórico de Santiago e tocará a frauta traveseira).

O concerto estará presentado po Damián Cortés, músico da Banda Municipal da Estrada que regresou á entidade tras estaren un tempo ausente das actuacións. En canto ao repertorio, Brais Fernández interpretará “El Cid”, unha peza de Bert Appermont inspirada no lendario cabaleiro e heroe popular Rodrigo Díaz de Vivar. Despois dunha apertura tipicamente española, seguirán unha sección máis lenta que recolle elementos do popular concerto de Aranxuez e do coñecido Adagio de Albinoni. Remata cun potente acelerado que pecha a obra.

Pola súa banda, Víctor Bascuas escolleu “T-Bone Concerto”, de Johan de Meij. É unha das obras cumio deste compositor, que foi trombonista profesional, polo que coñece de primeira man as posibilidades e recursos deste instrumento. A isto engádese a súa valía como compositor. A peza interpretouse en tódolos recunchos do mundo e é de estudo obrigado en moitos conservatorios.

Finalmente, Adrián Silva interpretará unha peza de estrea absoluta. Trátase de “Fantasía concertante para frauta e banda”, de Xosé Carlos Seráns Oliveira, compositor que estará presente o domingo para desfrutar do concerto. A obra está inspirada nas vivencias e no enorme vínculo que o autor tivo e teu coa súa filla frautista, Lucía Seráns. Aínda que a linguaxe musical tende ás veces á modernidade, en xeral a inspiración da obra está na música popular e tradicional galega. Carlos Seráns é tubista profesional, exercendo dende hai décadas na Banda Municipal de Santiago. Tamén é director e compositor e foi sempre un gran dinamizador da música e dos músicos galegos.

O programa do concerto reserva tamén outra peza alegre e festiva, “A Festa das trompetas”, de Leroy Anderson. Nela, os trompetistas deberán despregar moitas das posibilidades técnicas do seu instrumento, en especial a rápida articulación.

A Banda Municipal da Estrada aproxímase actualmente aos 70 músicos, cunha media de idade que se sitúa nos 20 anos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A entrada ao concerto é libre, ata completar o aforo.

Etiquetas

a estradabanda municipal
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra
Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas
Comarca

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas

A Festa do Salmón da Estrada consolida o seu renacer cun éxito masivo
Comarca

A Festa do Salmón da Estrada consolida o seu renacer cun éxito masivo

Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas
Comarca

Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas