ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y CulturaComarcaPolítica

A Banda de Música de Padrón presenta a nova temporada baixo o lema ‘Celebrar’

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de noviembre de 2024 a las 19:01

Compartir
  • O presidente da Banda, José Cerqueiras, o director, Santi Mella, e o alcalde de Padrón, Anxo Arca, deron a coñecer os detalles da programación
  • A tempada inclúe cinco concertos temáticos con homenaxes, celebracións tradicionais e un tributo á memoria democrática

Padrón.10-11-2024.- A Banda de Música Municipal de Padrón presentou hoxe a súa programación para a tempada 2024-2025, que leva por título Celebrar. No acto de presentación, celebrado na casa consistorial de Padrón, participaron o presidente da Banda, José Cerqueiras; o director da agrupación, Santi Mella; e o alcalde de Padrón, Anxo Arca, quen destacaron o papel desta nova tempada como unha invitación a participar e gozar da música como elemento de unión na comunidade.

A programación consta de cinco concertos temáticos que buscan homenaxear a cultura, as tradicións locais e tamén aqueles que deixaron a súa pegada na historia e na vida musical do municipio.

A tempada abrirase cun Concerto de Santa Icía titulado Aniversarios, que terá lugar o sábado 16 de novembro ás 19.00 horas no Auditorio Municipal de Padrón, dirixido polo propio Santi Mella.

Este concerto inaugural estará dedicado á memoria de Daniel Calvo Saco, un mozo que foi membro da Banda, cunha homenaxe especial no seu recordo.

A programación continuará en decembro co Concerto de Nadal, que leva por título Loanza, seguido dun Concerto de Ano Novo, titulado Un novo ano, que celebrará a chegada do 2025. En febreiro, a Banda ofrecerá un Concerto de Entroido chamado Entroidada, mantendo viva esta tradición festiva e cultural. Finalmente, a tempada pecharase en maio co concerto da segunda edición do Día da Memoria Democrática Padronesa, que nesta ocasión recibe o nome de A liberdade, un evento especialmente significativo que honra a memoria e a democracia na historia local.

O Concello de Padrón anima a veciños e visitantes a participar nesta tempada de concertos, que poñerá en valor a música como expresión cultural de Padrón e permitiralle á veciñanza celebrar con orgullo a súa identidade e memoria, unindo pasado e presente a través da música.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

banda municipalcomarcapadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’