ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Cobertura móbil 5G nas parroquias da Riba, Lañas e Cabanas, en A Baña

O alcalde, José Antonio Pereira, reuniuse co director de Amtega para apremialo a realizar as actuacións necesarias canto antes

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de mayo de 2024 a las 15:41

Compartir

A Baña. 22-5-2024.- O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, visitou onte a sede de Amtega en Santiago para reunirse co director deste organismo, Julián Cerviño, e apremialo a realizar as actuacións necesarias para dotar de cobertura móbil todos os lugares das parroquias da Riba, Lañas e Cabanas.

Nesta xuntanza, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) comprometeuse a axilizar os trámites para a instalación no prazo máis breve posible de dúas antenas 5G, que lles darán cobertura móbil de voz e datos de alta velocidade aos lugares das tres parroquias bañenses que hoxe en día carecen de servizos de telefonía móbil ao non prestalos ningunha das grandes operadoras (Movistar, Vodafone e Orange).

Unha das antenas de nova instalación servirá para darlle cobertura ás persoas afectadas na Riba e a outra levaralle o sinal á veciñanza de Lañas e Cabanas.

A Baña sumouse no seu día ao convenio marco que Amtega asinou coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para mellorar a cobertura móbil no rural. O Concello, encargado de identificar que núcleos de poboación teñen cobertura nula, facilitará agora as parcelas onde se construirán as novas torres e a asumirá as acometidas eléctricas necesarias para que funcionen.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A reunión deste martes cos responsables de Amtega foi solicitada polo goberno local ante a demora no cumprimento do convenio. Ademais do alcalde, tamén asistiu o concelleiro de Obras, Urbanismo e Medio Rural, Jesús Pena.

Etiquetas

5Ga bañacobertura mobilcomarcaradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A bañense Aitana Capeáns conquista o ouro en Fuerteventura cun lanzamento de 15,41 metros
Deportes

A bañense Aitana Capeáns conquista o ouro en Fuerteventura cun lanzamento de 15,41 metros

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol