ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeportesSociedad

A alcaldesa fai entrega dun «contrato de fidelidade á lingua galega» no Correlingua

20/05/2024 A alcaldesa Goretti Sanmartín e representantes dos grupos municipais participaron no acto de clausura do Correlingua 2024 desta xornada organizada en Santiago de Compostela coa participación de 1.060 rapaces e rapazas de 10 centros de ensino.

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de mayo de 2024 a las 20:10

Compartir

Na súa intervención fixo referencia á renovación do compromiso co idioma. «Santiago é unha cidade internacional, ben coñecida no mundo, e é un lugar onde o galego ten unha presenza moi importante», sinalou.

Aludiu á responsabilidade de falar en galego e, nese sentido, deixoulle á organización do Correlingua un «contrato de fidelidade á lingua galega, para quen queira asinalo», a quen agradeceu que traian de novo esta actividade a Compostela, «un concello con orgullo de falar a lingua propia e de garantir os dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes».

Ese contrato recolle o compromiso de exercer como axente normalizador da lingua galega no colexio ou instituto, e fóra del, para exercer activamente e con responsabilidade o dereito a usar o galego na vida escolar, demostrando que a mellor forma de conseguir a normalidade para a nosa lingua é coa práctica diaria.
«Quero participar cos meus grans de area na construción dun presente digno e dun futuro esperanzador para o noso idioma e súmome así aos miles de mozos e mozas que estamos a cambiar a historia do noso país ao mantérmonos fieis á nosa lingua, o noso principal sinal de identidade», recolle o texto do documento.

Tamén fai referencia a «mellorar as actitudes cara ao noso idioma e aumentar os usos formais e informais no contexto escolar», ademais de «demostrar que falar e escribir en galego é doado, útil e valioso», conclúe o contrato de fidelidade á lingua galega.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

No acto partiparon, ademais da alcaldesa, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira; o secretario comarcal de CIG-Ensino, Rubén Monteagudo; a responsable Correlingua, María Buño. Contou tamén con Isabel Risco e coa actuación de Cuarta Xusta, ademais do alumnado e profesorado dos centros de ensino Xelmírez I e Xelmírez II, Rosalía de Casto, Eduardo Pondal, Xulián Magariños, Terra de Soneira, Dices, Monte dos Postes, Apóstolo Santiago e Vite.

Etiquetas

compostelacorrelinguadeporteeducaciongalegoradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Boiro acolle o XVII torneo de fútbol base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro
Deportes

Boiro acolle o XVII torneo de fútbol base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock