ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y CulturaComarcaPolítica

A 13ª edición do Noia Harp Fest celebrarase do 29 de xullo ao 1 de agosto

Líder Redacción

Líder Redacción

9 de febrero de 2026 a las 12:17

Compartir
  • O evento cultural, referente no mundo da arpa, reúne cada verán na localidade coruñesa ás intérpretes máis recoñecidas do instrumento a nivel internacional

Noia, 9 de febreiro de 2026.- O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia celebrará a súa décimo terceira edición do 29 de xullo ao 1 de agosto deste 2026. O evento cultural regresará este verán ás rúas e recintos singulares da localidade coruñesa para descubrir ao público novas sonoridades e propostas artísticas chegadas tanto de Galicia como de diferentes países de Europa, África e América.

Noia Harp Fest é unha cita imprescindible no calendario musical do verán galego, pois é a única cita de todo o noroeste peninsular que se dedica, exclusivamente, a fiar a súa programación a través da interpretación musical dun único instrumento: a arpa. Cunha ducia de edicións ás costas, polos seus escenarios pasaron algunhas das mellores arpistas das últimas décadas, como tamén as xeracións máis novas das escolas de Galicia.

Estilos moi diversos, intérpretes de diferentes xeracións e orixes, e propostas para formato máis íntimo ou para grandes escenarios conviven nun programa que, cada ano, conta co selo de calidade de quen asina a dirección artística do evento: a asociación Noia Harp Fest, e que conforman as principais arpistas do país.

Ademais, desde o ano 2023, o festival incorpora a celebración do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, un certame creado para favorecer a ampliación do repertorio de obras escritas para arpa e orquestra. Nas últimas edicións, as pezas gañadoras (creacións dos arxentinos Federico Beilinson e Alejandro Civilotti) foron interpretadas pola Real Filharmonía de Galicia. Precisamente estas semanas o xurado está a valorar as obras enviadas no marco da cuarta edición do concurso e o fallo darase a coñecer proximamente.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A 13ª edición do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia está organizada por Nalgures Producións, baixo a dirección da asociación Noia Harp Fest, e conta co apoio institucional do Concello de Noia, Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, e de Acción Cultural Española AC/E, ademais da colaboración da Deputación da Coruña.

Etiquetas

culturamusicanoiaNoia Harp Fest
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.