ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Os Reis Magos farán dúas recepcións na Casa da Cultura de Camporrapado

Boqueixón, 3 de xaneiro de 2024.- A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá este venres 5 de xaneiro a tradicional Festa de Reis do Concello de Boqueixón. Un evento que dará comezo ás 17:00 horas, coa posta en escena do conto “Un Nadal Máxico”, a cargo dos Bolechas, populares personaxes creados por Pepe Carreiro.

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de enero de 2024 a las 19:23

Compartir

“Os Bolechas. Un Nadal Máxico” conta a historia dunha das irmás Bolechas, Loli, unha aprendiz de maga que tratará de traer de volta aos seus irmáns desaparecidos coa axuda da súa variña máxica, do supermago Danubio e dos rapaces e rapazas de Boqueixón. Ao rematar a obra, dará comezo a tradicional recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar, que incluirá un sorteo de agasallos en colaboración con SBC Gasolineras. E ás 18:45 horas haberá un segundo pase para as familias que non quixeran ver aos Bolechas.

A asistencia tanto ao espectáculo dos Bolechas e á recepción dos Reis Magos, como unicamente ao encontro real, é de balde. Iso si, é preciso anotarse en www.boqueixon.gal. Poden apuntarse ata 4 nenos/as (de ata 10 anos de idade) en cada quenda, así como dúas persoas adultas por cada familia. As prazas outorgaranse por orde de inscrición, tendo preferencia os nenos e nenas empadroados en Boqueixón e as crianzas que estean matriculadas nalgún centro de ensino do municipio.

E o sábado 6 de xaneiro, unha nova edición do Boqueixogo chegará ao polideportivo. De 17:30 a 20:30 horas haberá inchables e obradoiros para os nenos e nenas, así como unha degustación de chocolate con churros para todas as persoas asistentes. Esta actividade é gratuíta e está aberta á participación toda a cativada, sen necesidade de inscrición previa.

Etiquetas

boqueixoncomarcareis magos
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027
Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego
Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna
Comarca

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias
Comarca

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias