ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

40 proxectos audiovisuais compiten por 15 prazas vacantes no Ames AV LAB

 

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de abril de 2024 a las 12:01

Compartir

 

 

Esta mañá, o espazo colaborativo A Proa acolleu a primeira xuntanza da Comisión de Avaliación de candidaturas do Ames AV LAB

Realizáronse as primeiras entrevistas  aos proxectos preseleccionados pola Comisión de Gobernanza para analizar a viabilidade de cada proposta

Deputada provincial, Rosana García: “Ames está a poñer en valor o seu sector audiovisual, pero o tamén o espazo colaborativo do coworking do Milladoiro, que é onde van traballar os proxectos que saían elixidos”

Concelleira de Promoción Económica, Ana Paz: “Con este proceso selectivo estamos un paso máis preto de ver un proxecto nado no Ames AV Lab”

Ames, 23 de abril de 2024.- Esta mañá, o espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro, acolleu a primeira xuntanza da Comisión de Avaliación de candidaturas do Ames AV LAB, o laboratorio amesán para impulsar a nova produción audiovisual. Neste encontro, no que participaron representantes do Concello de Ames, a Deputación da Coruña e de tres destacadas empresas do sector audiovisual galego, realizáronse as primeiras entrevistas  aos proxectos preseleccionados pola Comisión de Gobernanza, constituída o pasado mes de marzo.

A deputada provincial, Rosana García destacou a importancia  da aposta que fai o Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña pois “Ames está a poñer en valor o seu sector audiovisual, pero o tamén o espazo colaborativo do coworking do Milladoiro, que é onde van traballar os proxectos que saían elixidos”. Pola súa parte a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, apuntou a que “con este proceso selectivo estamos un paso máis preto de ver un proxecto audiovisial nado no Ames AV Lab”.

Todas as entrevistas foron levadas a cabo pola Comisión de Avaliación de candidaturas, formada pola deputada provincial de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosana García, como representante da Deputación da Coruña; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, como representante do Concello de Ames; Rocío González, de Mirabelle Comunicación, e Antonio Veiga, de Ficción Producciones, en representación do tecido empresarial do sector audiovisual de Ames; Manuel Mosquera, de Producciones Audiovisuales Sete Media,  como membro adicional do xurado proposto polo Concello de Ames, e Ramón Tubío, director operativo de Ames AV LAB, como secretario con voz pero sen voto. Ademais, estivo presente, tamén con voz pero sen voto, a técnica municipal do Concello de Ames, María Lloves.

Despois de varias sesións, a comisión elixirá un máximo de 15 proxectos, baseándose na información solicitada a través dos formularios e nas entrevistas presenciais, poñéndose en relación tal información cos criterios de valoración establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, ademais dos 15 proxectos seleccionados, e en base á orde descendente das puntuacións obtidas na fase de selección, elaborarase unha lista de reserva de proxectos, que poderán entrar a formar parte xunto aos beneficiarios en caso de renuncia ou expulsión dalgún dos proxectos inicialmente seleccionados.

40 proxectos presentados

O peche da convocatoria, o pasado 12 de abril, tivo unha gran acollida por parte de todos os actores da industria audiovisual galega, xerando un total de 40 proxectos presentados nesta primeira edición.  De entre eles, os que superaron a fase de preselección hoxe foron entrevistados por unha Comisión de Avaliación no Espazo A Proa, no Milladoiro.

Os proxectos presentados abranguen unha ampla variedade de tipoloxías, desde longametraxes (de ficción e documental) e series, ata curtametraxes ou proxectos de  animación en diferentes fases de desenvolvemento.

Estas entrevistas permitirán profundar na viabilidade de cada proposta, a experiencia do equipo e outros aspectos relevantes para a avaliación. Do total de proxectos entrevistados, seleccionaranse un máximo de 15 que pasarán a formar parte do programa Ames AV LAB durante oito meses.

Laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual

O Ames AV LAB é un laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual dende o Concello de Ames. Enmárcase dentro do Plan de Emprego Local, cofinanciado pola Deputación Provincial da Coruña. Ames AV LAB concíbese como un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais para impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o impulso do importante tecido produtivo audiovisual do concello de Ames.

Ames ten unha alta especialización no sector audiovisual. Empresas produtoras e de servizos, líderes no mercado, teñen a súa sede no concello, contribuíndo a posicionar Galicia como unha das rexións máis competitivas, grazas a producións e coproducións de éxito. Entre outros, os motivos deste éxito local é o fácil acceso a estudios punteiros e polivalentes, empresas líderes en pos produción e dobraxe, provedores de tecnoloxía dixitais e boas comunicacións á beira da capital de Galicia.

Ames AV LAB deséñase como un programa de aceleración para profesionais do sector que busca transformar e avanzar cara una nova produción audiovisual competitiva globalmente e adaptada ás tendencias e demandas do consumidor. Trátase dun programa de 8 meses de duración que mediante prácticas innovadoras e estratexias transformadoras, facilitará a creación e desenvolvemento de 15 proxectos. Baixo a supervisión de expertos, acompañarase no percorrido profesional e creativo mediante: formación, titorización, mentorización, asesoramento especializado e financiamento coa fin de poder validar as propostas e arrancar e acelerar as iniciativas empresariais que participan nel.

En definitiva, trátase dun laboratorio que apuntala o polo de talento que o audiovisual conformou no concello de Ames, contribuíndo a definir a seguinte xeración de líderes do sector español con vocación internacional e innovadora.

Destinatarios do proxecto

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os destinatarios do proxecto son creadores do sector con proxectos non iniciados, en fase de creación ou desenvolvemento, que non teñan data de inicio de rodaxe prevista. Poderán participar proxectos de curtametraxes, longametraxes, series, documentais de creación ou participativos, narrativas inmersivas e de realidade virtual e outros contidos audiovisuais e de carácter dixital fundamentalmente narrativos, primando o ámbito local e provincial.

Etiquetas

ames AV Labradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha