ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

FestAmes Diversa dá visibilidade aos colectivos diversos

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, explica “volve un ano máis a FestAmes Diversa; tras o éxito acadado coa xuntanza do 2024 baixo esta marca o Concello de Ames quere abrir de novo á fiestra á diversidade, á diversión, á celebración e á comunidade”

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de diciembre de 2025 a las 15:07

Compartir

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, celebra este próximo sábado 13 de decembro, ás 17.00 horas, a FestAmes Diversa 2025. Un evento que, coma nas anteriores edicións, busca dar visibilidade e poñer en valor aos colectivos diversos no marco do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, que se celebra todos os anos no día 3 de decembro. O evento, que será presentado pola actriz Carlota Mosquera, celebrarase na Casa da Cultura do Milladoiro, onde haberá actuacións musicais, invitados de interese e máis sorpresas.

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, explica “volve un ano máis a FestAmes Diversa; tras o éxito acadado coa xuntanza do 2024 baixo esta marca o Concello de Ames quere abrir de novo á fiestra á diversidade, á diversión, á celebración e á comunidade. A Casa da Cultura do Milladoiro converterase no cuartel xeral da festa da diversidade; bailes, vídeos, música e sorpresas farán, a partir das 17.00h da tarde do próximo sábado 13 de decembro, unha das celebración máis sinceras e de mellor acollida. Festa porque, como non, a razón de ser desta xornada é celebrar e festexar a convivencia das persoas con diversidade en total normalidade”.

A gala dará comezo ás 17.00 horas coa benvida da actriz, presentadora e instagramer, Carlota Mosquera, e cunha actuación de Freestyle People, que será a banda encargada de poñer o “toque” musical ao evento. Deste xeito, baixo a dirección de Carlota Mosquera percorrerase a diversidade do noso concello e arredores, agradecendo de antemán a todas e todos os que porán a súa arte e as súas inmensas capacidades ao servizo de que esta gala sexa o que realmente quere ser: unha FESTA con maiúsculas.

Logo da benvida, será a quenda de presentar a Manuel Buján, coordinador da sección de fútbol da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo e do proxecto “A Nosa Champions”, unha competición rexida pola Federación Galega de Fútbol e que busca fomentar a integración a través do deporte. Poderase ver un vídeo de “A Nosa Liga” e intervirán algúns dos rapaces que están dentro de dito equipo.

Esta é unha das actividades deportivas inclusivas máis interesantes que se levan a cabo no noso concello; traemos unha pequena mostra da competición que creou a Federación Galega de Fútbol “A Nosa Champions”, competición na que unha trintena de xogadores de Ames, Calo, Compostela, capitaneados por un xogador de Ortoño, todos eles de máis de 13 anos con discapacidade intelectual xogan nesta liga co Depor, Celta, Lugo, Racing de Ferrol e Racing Vilabés baixo o paraugas do S.R. Calo. No equipo de fútbol Calo Genuine participan mozos e mozas do Club de diversidade de Ames e de Arcea-Adames.

Na gala tamén haberá oco para o baile coa participación dun grupo da asociación do Milladoiro Arcea-Adames. Esta agrupación sen ánimo de lucro leva dende o ano 2006 ofrecendo obradoiros ocupacionais para persoas con diversidade funcional, sendo o baile un deles. Deste xeito, de Arcea-Adames, con quen xa tivemos a honra de contar na anterior edición, unha representación de 8 dos e das súas usuarias que estarán no escenario xunto a unha educadora e a súa profesora de movemento coreografando e facéndonos recordar un hit que xa cumpriu os 25 anos; “La bomba”, de King África.

Freestyle People

Amenizando a gala contaremos con varias intervencións de Freestyle People (FP) primeiro colectivo de freestyle (rap improvisado) da historia formado por persoas, principalmente mozas, que se atopan en risco de exclusión social. Unha familia de artistas con diversidade funcional e outras realidades non normativas que, a través de rimas e o ritmo do rap, amosarán que, como xa sabemos, a música é esa linguaxe universal que ademais de unirnos tamén axuda a superar as propias crenzas de limitación.

O proxecto, froito da unión da plataforma social de freestyle Gallos del Norte (2020) e a Asociación sen ánimo de lucro Poten100mos (2015), cos que xa tivemos a honra de contar na pasada FestAmes Diversa de 2024, representados polo grupo de percusión Diversidarte, arrancou a comezos de 2024, cando naceron os primeiros talleres de improvisación centrados nestes colectivos. Sete artistas da palabra e da rima, 2 monitores ao cargo do espectáculo e un DJ chegados dende A Coruña sorprenderán, estamos seguros, a máis de un.

Photocall, fotomatón e petiscos

Tamén haberá tempo para ver un vídeo de imaxes do photocall do ano pasado, e convidar ao público asistente a facer fotos no espazo habilitado para elo, que estará situado na entrada da Casa da Cultura do Milladoiro.

Para pechar esta edición, tanto o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Benestar Social, Uxía García, terán un espazo no que agradecer a todos os asistentes a súa presenza e poñer en valor este tipo de espazos no que se amose o día a día de persoas de colectivos diversos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Tras a gala, arredor das 18.45 horas, haberá unha recepción e posterior festa na entrada da Casa da Cultura, no que estará instalado o photocall e un fotomatón para levar as fotos como agasallo da festa e petiscos para todos os asistentes ao evento.

Etiquetas

amesFestAmes Diversa
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación