ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O goberno padronés consegue unha subvención de 400.000 € para a escola infantil municipal

 

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de diciembre de 2024 a las 15:18

A Escola infantil (garderÍa) de Padrón presenta numerosa humidades

Compartir
  • O alcalde, Anxo Arca, informou ao pleno que esta achega do Fondo de Cooperación Local representa o 50% do orzamento
  • O Concello aportará o resto dos fondos para a reforma integral dun servizo esencial para a cidadanía

O alcalde de Padrón informou recentemente ao Pleno da Corporación que o Concello conseguiu unha subvención que cubrirá a metade do orzamento para a rehabilitación integral da escola infantil municipal, un servizo que o goberno local considera esencial para a cidadanía. O Concello aportará o resto dos fondos necesarios para executar este proxecto.

Anxo Arca asegurou que esta subvención “evidencia tanto a capacidade deste goberno para captar fondos externos que alivien o gasto das arcas municipais como a calidade deste proxecto tan necesario para Padrón, despois de doce anos de falta de mantemento acumulado”.

O alcalde resaltou o traballo conxunto da concelleira de Educación e Ensino, Mariló Saco, e da xefa de gabinete da alcaldía, que se materializou “nesta importante achega” de 396.458,83 euros. A subvención concedida ao Concello procede do Fondo de Cooperación Local destinado á realización de investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico, xestionado pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

O Concello de Padrón xa mobilizara os fondos necesarios para a rehabilitación integral da escola infantil municipal, un proxecto que representa un investimento de 792.917 euros. Agora, coa xestións realizadas para conseguir esta subvención que lle foi notificada ao concello o pasado 25 de novembro, as arcas municipais tan só deberán aportar 396.458,83 euros.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Anxo Arca lembra que “aumentar o mantemento e dispoñer de instalacións municipais modernas e de calidade é unha prioridade para o goberno padronés”.

Etiquetas

padron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’