Brión rende homenaxe ás cantareiras e á poesía oral este venres e sábado
8 de maio de 2025.- O Concello de Brión abre a súa programación especial do Mes das Letras Galegas cunha dobre actividade para homenaxear ás cantareiras e á poesía oral no municipio. Dúas actividades gratuítas e de acceso libre coas que pretende celebrar o Día das Letras Galegas de 2025.



