Xuventude abre a inscrición nos cursos de Primeiros Auxilios dos Orzamentos Participativos
01/10/2024 Xa está aberta a inscrición nos cursos de Primeiros Auxilios dirixidos a mozos e mozas de ata 30 anos, organizados desde a Concellaría de Xuventude. Trátase dunha actividade enmarcada nos Orzamentos Participativos, posto que foi unha das dez propostas máis votadas pola mocidade.
Líder Redacción
1 de octubre de 2024 a las 20:16
Os cursos de primeiros auxilios, que serán impartidos por Cruz Vermella, desenvolveránse en catro sesións. A primeira delas será o próximo 8 de outubro na Casa das Asociacións de Cornes; e seguiranlle outras sesións os días 24 e 28 no CSC do Ensanche. O programa pecharase o 14 de novembro, no Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga.
Os cursos desenvolveranse en horario de 16 a 21 horas, e ao remate entregarase un diploma acreditativo.
A inscrición pódese facer a través do mail dptoxuventude@santiagodecompostela.gal



