ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Santiago escolle a proposta que definirá a paisaxe nocturna da contorna da Catedral nas vindeiras décadas

O xurado internacional do Concurso Internacional de Iluminación Ornamental e Artística da contorna monumental da Catedral de Santiago de Compostela reuniuse hoxe na cidade para avaliar os anteproxectos das tres propostas finalistas. Da reunión saíu seleccionada a proposta gañadora do certame, que asumirá a redacción do proxecto executivo e a dirección da obra piloto de iluminación da Praza de Praterías. A decisión será dada a coñecer, seguindo os criterios legais previstos para o concurso, a través da Plataforma de Contratación do Sector Público en datas próximas.

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de febrero de 2026 a las 21:34

Compartir

Con esta decisión péchase un proceso estruturado en dúas fases, no que se avaliaron un total de 21 propostas nacionais e internacionais, co obxectivo de redefinir a paisaxe nocturna dun dos conxuntos patrimoniais máis singulares de Europa.

As persoas integrantes do xurado foron recibidas este martes pola Corporación municipal no Pazo de Raxoi. En declaracións aos medios, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, agradeceulles “o seu traballo, dedicación, exquisitez e delicadeza no tratamento das 21 propostas que chegaron e das tres seleccionadas como finalistas” e amosou a súa satisfacción por que “na sesión de hoxe acabarán decidindo a proposta que vai ser un proxecto piloto feito na prazas das Praterías para despois  ter un modelo que homoxeneamente acabe completando o conxunto desa necesaria paisaxe nocturna do corazón de Santiago de Compostela”.

Na mesma liña, o arquitecto municipal Javier García Castelo destacou a alta calidade e o respecto ao patrimonio das propostas aspirantes e confiou nun acordo unánime para elixir a gañadora. En nome do xurado, Teresa Táboas, puxo o foco na transcendencia internacional deste certame no eido do urbanismo nocturno e asegurou que “será o punto de comezo de futuras intervencións noutros conxuntos arredor do mundo nos que Santiago vai estar aí como un faro iluminando”.

Alta calidade técnica e conceptual

Na fase final, o xurado analizou os anteproxectos presentados baixo os lemas “Hermes”, “Shh… See the silence” e “Ad maiora semper”, atendendo á súa estratexia lumínica, integración estética e patrimonial, viabilidade técnica e económica, eficiencia enerxética, control da contaminación lumínica e capacidade para construír unha iluminación emocional e acougada, que xere benestar e reforce a identidade da cidade histórica. Neste sentido, o xurado destacou a alta calidade técnica e elaboración conceptual das tres propostas finalistas e o seu aliñamento cos criterios do concurso.

A Catedral de Santiago e as prazas que a rodean —Obradoiro, Praterías, Quintana e Inmaculada— forman parte dun espazo urbano de valor universal excepcional, vinculado historicamente á luz a través da simboloxía da Vía Láctea. A proposta gañadora permitirá avanzar cara a unha nova paisaxe nocturna para a cidade histórica, coa Praza de Praterías como proxecto piloto, concibido como banco de probas para unha futura implantación progresiva no conxunto do ámbito catedralicio.

Un xurado internacional de prestixio

A avaliación das propostas correu a cargo dun xurado integrado por profesionais de prestixio internacional como o arquitecto británico David Chipperfield, premio Pritzker e Stirling; a arquitecta Teresa Táboas, vicepresidenta de Europa Occidental na Unión Internacional de Arquitectura (UIA); o experto en iluminación urbana Roger Narboni, fundador do estudo Concepto en París; a editora da revista Lightecture e embaixadora en España de Women in Lighting, Esther Torelló; e o catedrático Manuel Castiñeiras, presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, xunto con representantes das administracións convocantes.

No marco do PSTD

O Concurso Internacional de Iluminación enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística de Santiago (PSTD), promovido polo Goberno de España, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela, cun investimento total de 3 millóns de euros para proxectos de transformación sostible.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Esta iniciativa constitúe unha das actuacións centrais do Plan e supón unha aposta pola innovación lumínica aplicada ao patrimonio, aliñada co desenvolvemento dun destino turístico sostible que mellore a experiencia dos visitantes e a calidade de vida da veciñanza. A asistencia técnica corre a cargo da empresa compostelá TRIVIUM, responsable da coordinación organizativa do concurso.

Etiquetas

catedralconcursoSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago