Remontada de Penido que o deixa ás portas do pódium en Austria
Luis Penido comezou a tempada 2026 con moi boas sensacións na subida a Rechberg (Austria), primeira proba do Campionato de Europa de Montaña (FIA European Hillclimb Championship), asinando unha actuación sólida e en progresión ao longo de toda a fin de semana.
Líder Redacción
27 de abril de 2026 a las 15:38
Despois de moitos meses sin competir e de non ter podido probar antes as novas configuracións do seu Renalut Clio, o piloto santiagués foi rebaixando, manga a manga, os seus tempos no trazado austríaco, demostrando unha clara adaptación ao trazado e unha evolución constante. O momento clave chegou nas tandas oficiáis do domingo, onde Penido conseguiu rebaixar en máis dun segundo o mellor crono acadado neste mesmo trazado o ano pasado, onde acabou a proba nun meritorio segundo posto.
Nembargantes, o altísimo nivel competivo deste campionato e un composto de neumáticos demasiado duros, fixeron moi complicado acadar os postos de honra no Grupo 5, quedando Penido a escasas tres décimas do terceiro posto final do pódium.
Penido afirmou, «rematamos esta primeira proba do campionato coa sensación de ter dado todo o mellor de nos e sabendo que a tempada é moi longa, con moitas probas aínda s duas próximas carreiras que se celebrarán en maio. A primeira delas a subida Internacional o Fito en Arriondas (España) e unha semana depois en Portugal, na Rampa da Falperra». O equipo volta para Galicia co Renault Clio ven revisado e tendo probado mellores reglaxes en competición coa clara intención de seguir dando moita batalla no europeo de montaña



