ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Pino recupera a súa media maratón o sábado 2 de agosto

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de julio de 2025 a las 12:33

Compartir
  • A proba de 21 quilómetros desputarase entre a capela da Madalena de Arzúa e a Casa Consistorial do Pino
  • O Camiño Francés acollerá tamén unha proposta de 8 quilómetros, mentres que a rapazada terá circuítos de 3 Km e de 1,5 Km
  • O alcalde, Manuel Taboada, subliña na presentación o privilexio de correr polas fermosas paraxes do Camiño de Santiago

 O Pino. 17-7-2025.- O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, presentaron este xoves 17 de xullo a primeira edición da carrera Os 21 do Galo Piñeiro, proba que se desenvolverá o sábado 2 de agosto e que contará con catro distancias diferentes para que poidan participar atletas de todas as idades. Unha media maratón (21 quilómetros) e unha carreira de 8 quilómetros, que seguirán o itinerario do Camiño Francés, son as propostas para as persoas adultas.

A proba, organizada en colaboración coa Sociedade Deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle, seguirá o trazado do Camiño Francés e, tal e como lembrou o alcalde na presentación, “dálle continuidade á media maratón que xa se celebraba antano entre Arzúa e O Pino, tendo como escenario as fermosas paisaxes do Camiño de Santiago”.

Ivan Sanmartín refrendou as palabras de Manuel Taboada ao recordar a súa etapa como técnico de Deportes no Pino e a organización da devandita media maratón. Destacou así mesmo o privilexio que supón correr polo Camiño xunto a tantos peregrinos: “É un auténtico pracer compartir esta ruta nun ambiente tan especial”, sinalou.

A media maratón dos 21 do Galo Piñeiro sairá da capela da Madalena de Arzúa ás 19.30 horas, mentes que as persoas participantes na proba de 8 quilómetros tomarán a saída ás 19.50 horas dende o restaurante A’Esquipa. A meta estará situada a carón do Concello do Pino.

Nos arredores da meta desenvolveranse as dúas probas para a rapazada: un circuíto de 3 quilómetros para mozas e mozos de entre 13 e 15 anos, que partirá ás 19.30 horas; e outro de 1,5 quilómetros para participantes de entre 10 e 12 anos, que comezará ás 19.45 horas.

Recuperar a media maratón do Pino coincidindo coa celebración da Festa do Galo Piñeiro ofrece unha forma diferente de coñecer o Camiño de Santiago, combinando deporte, patrimonio e gastronomía nunha experiencia lúdica e accesible. Ademais, permitirá compartir o percorrido con peregrinos de todas as partes do mundo en pleno camiño, o que lle engade valor e autenticidade á vivencia.

Na presentación dos 21 do Galo Piñeiro, que tivo lugar no Casa Consistorial do Pino, participaron tamén o concelleiro de Deportes do Concello do Pino, Borja Castro; e o responsable de seguridade viaria da proba, Antonio Riveira. O primeiro subliñou a importancia de fomentar o deporte dende idades temperás, ofrecendo actividades que animen aos máis cativos a gozar do exercicio físico e da natureza. Pola súa parte, Riveira quixo agradecer expresamente “a implicación de todos os efectivos que fan posible a carreira, dende os voluntarios ata o persoal dos concellos participantes”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As inscricións están abertas ata o 30 de xullo en www.carreirasgalegas.com, onde tamén se pode ver o regulamento da proba.

Etiquetas

deportesgalo piñeirogastronomiamedia maratono pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira
Actualidad

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”