ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaDestacadoNoticia LíderSociedad

O Eskalo Fest reúne este venres a Leticia Sabater, Olympus e DJs destacados

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de diciembre de 2025 a las 22:23

Compartir

A primeira edición celebrarase o venres 26 de decembro nunha carpa climatizada de máis de 800 metros cadrados, cunha previsión de ata 1.600 asistentes e un cartel que combina orquestra, DJs e a actuación estrela de Leticia Sabater

Calo (Teo – A Coruña) prepárase para vivir unha noite histórica coa chegada do Eskalo Fest, unha nova proposta festiva impulsada pola Comisión de Festas que preside Borja Otero, quen avanzou en Radio Líder Santiago todos os detalles dunha cita que nace con vocación de continuidade e ambición comarcal. A festa celebrarase o venres 26 de decembro, desde as dez da noite ata as seis da mañá, no mesmo recinto onde teñen lugar as festas patronais, cunha carpa climatizada de máis de 800 metros cadrados.

“O Eskalo Fest naceu en agosto, nunha noite de festas, cando decidimos que Calo tamén merecía un gran prefín de ano”, explicou Otero, quen recoñeceu que desde ese momento a comisión non deixou de traballar nin un só mes. “Non pensamos en parar; ou montabamos algo potente ou deixabámolo”, sinalou.

O evento chega á súa primeira edición cun cartel de gran formato, no que se mesturan diferentes estilos e públicos. A programación arrancará coa discoteca móbil CDC, seguirá cos Los Coleguitas de Venezuela, dará paso a un dobre pase da Orquestra Olympus e contará como actuación central coa presenza de Leticia Sabater, que actuará entre as dúas e as tres da madrugada. A noite completarase cos DJs Sonic, Marcos Magán e Kike Varela, que se repartirán as últimas horas de festa.

“É unha primeira edición potente, sen medo a facer algo grande”, subliñou Otero, que confirmou que o evento contará tamén con servizo de barra, food truck e todas as comodidades necesarias para unha noite longa. O prezo das entradas é de 10 euros anticipada e 15 en taquilla, e a resposta do público superou as expectativas iniciais. “Estamos xa no 80% das entradas vendidas; só quedan algúns puntos en Teo”, indicou.

A previsión de asistencia sitúase entre 1.500 e 1.600 persoas, con público procedente non só de Teo, senón tamén de concellos da contorna e mesmo de Santiago. “Hai entradas esgotadas en moitos puntos da comarca, iso dinos que a xente tiña ganas dunha festa así”, afirmou.

A organización tamén puxo o foco na seguridade e na responsabilidade. No propio cartel figura o número de radiotaxi, con servizo de vehículos adaptados e de sete prazas. “Queremos que a xente desfrute con tranquilidade e volva á casa con seguridade”, destacou o presidente da comisión.

Otero quixo agradecer de maneira especial o traballo do reducido pero comprometido grupo humano que fai posible o Eskalo Fest. “Somos poucas persoas, pero moi implicadas; sen os compañeiros da comisión isto sería imposible”, recoñeceu, estendendo tamén os agradecementos ás empresas colaboradoras e aos veciños que apoian durante todo o ano coa venda de lotaría e outras iniciativas.

O Eskalo Fest non será unha cita illada. Segundo avanzou o propio Otero, a comisión xa traballa en novas propostas para o Entroido e nas vindeiras festas patronais. “Se seguimos así, este prefín de ano ten moito futuro. Isto non acaba aquí”, concluíu.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

caloeskalo festteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais
Comarca

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo
Comarca

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto
Comarca

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto