ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

Música, lingua e festa: Ames celebra o galego cun gran festival en Bertamiráns

Este festival ponlle o ramo ao programa Modo Galego, Actívao! que convidou a toda a comunidade educativa amesá activar a lingua galega durante un mes seguido. Será un espazo de encontro festivo ao que están convidados máis de 2.000 alumnos e alumnas, as súas familias e o seu profesorado e monitorado

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de abril de 2026 a las 14:11

Compartir

Desenvolverase o vindeiro venres, 17 de abril, entre as 17.00 h e as 21.00 horas na explanada do pavillón municipal de Bertamiráns e nel actuarán o grupo de música tradicional amesá As Mainas, creador da banda sonora do programa, e dúas das bandas máis potentes do panorama da música infantil en galego: Uxía Lambona e a Banda Molona e  Gramola Gominola

Ames, 7 de abril de 2026.- O Pazo da Peregrina acolleu esta mañá a presentación do festival Modo Galego, actívao! Trátase dunha festa coa que se pechará a cuarta edición deste programa que está organizado polo Concello de Ames e a Real Academia Galega, en colaboración coa Xunta de Galicia. No dito festival actuarán o grupo de música tradicional amesá As Mainas, e dúas das bandas máis potentes do panorama da música infantil en galego: A Gramola Gominola e Uxía Lambona e a Banda Molona. A festa será o venres, 17 de abril, ás 17.30 horas, na explanada do pavillón de deportes de Bertamiráns. Todo o alumnado dos centros de ensino de Ames recibirá o seu convite para poder asistir acompañados das súas familias. A apertura de portas será ás 17.00 horas.

O pasado 6 de febreiro remataron as actividades propostas na cuarta edición de Modo Galego, actívao! Nesta edición participaron arredor de 2.700 alumnos e alumnas que contaron coa colaboración de case 300 docentes e uns 200 profesionais da educación non formal. O programa de actividades pechou cunha gran foliada en cada centro escolar que estivo dirixida polas pandeireteiras do grupo As Maianas e das asociacións de Bugallido, que ao igual que na edición anterior, cantaron e bailaron a canción Falo galego porque quero!!, que as propias Maianas crearon explicitamente para o Modo Galego.

A cuarta convocatoria volveu a ser un éxito en canto á participación e confirma a consolidación da experiencia. Durante catro semanas, os alumnos e alumnas de infantil á ESO dos 11 centros públicos amesáns asumiron un obxectivo común: falaren galego o maior tempo posible e en todas as situacións do día a día, da casa á escola e do parque ás actividades extraescolares. Os nenos e nenas foron os auténticos protagonistas dunha proposta de marcado carácter lúdico. Este ano como novidade, ademais do alumnado dos centros de ensino, participaron no programa os usuarios e usuarias das escolas deportivas municipais.

Festival Modo Galego, actívao!

Este ano o peche oficial do programa farase o vindeiro venres, 17 de abril, cun gran festival na explanada do pavillón de deportes de Bertamiráns no que haberá unha gran festa con diversas actuacións musicais. Este festival ponlle o ramo ao programa Modo Galego, Actívao! que convidou a toda a comunidade educativa amesá activar a lingua galega durante un mes seguido. Será un espazo de encontro festivo ao que están convidados máis de 2.000 alumnos e alumnas, as súas familias e o seu profesorado e monitorado.

Desenvolverase o vindeiro venres, 17 de abril, entre as 17.00 h e as 21.00 horas na explanada do pavillón municipal de Bertamiráns e nel actuarán o grupo de música tradicional amesá As Mainas, creador da banda sonora do programa, e dúas das bandas máis potentes do panorama da música infantil en galego: Uxía Lambona e a Banda Molona e  Gramola Gominola. Todo o alumnado dos centros de ensino de Ames recibira o seu convite para poder asistir acompañados das súas familias. A apertura de portas será ás 17.00 horas.

Así o explicaron nunha rolda de prensa ofrecida esta mañá no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, o alcalde de Ames, Blas García, o secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García, a académica da Real Academia Galega, María López Sández, a subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, María Coutinho, a técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ames, Rosa Moreiras, e mais os representantes das Maianas e da Gramola Gominola, Inés Suárez e Paco Cerdeira.

Fomento do galego

O alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, explicou que este festival é un apoio máis ao traballo que se está facendo co programa Modo Galego. Con festivais coma este damos un paso importante na normalización do idioma, xa que o obxectivo que temos todos é o mesmo: que o galego perdure.  Como sempre digo, o galego non é patrimonio de ninguén en concreto, é patrimonio de todos e de todas. Agardo que este festival sexa unha actividade que vaia medrando e que perdure no tempo. O máis importante sería que nos próximos anos, cando se siga celebrando, non só participemos xente de Ames, senón que vaia medrando e expandindo a outros concellos”.

O secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García, destacou que “este proxecto ten moitas partes importantes.  O Modo Galego, actívao! encadra coa idea de levar o galego máis alá da aula, os espazos de socialización. Ir á escola é moito máis que sentar na aula e adquirir coñecementos: é socializar. Debemos crear contornas de seguridade para que os rapaces e rapazas se comuniquen en galego con comodidade. Esta festa é o xeito de manifestar de maneira colectiva o orgullo de activarmos o galego. A música é unha parte fundamental da nosa cultura e do noso lecer e, sen dúbida, o mellor xeito de pechar esta edición do programa Modo Galego, Actívao! co que estamos encantados de colaborar”.

A académica da Real Academia Galega, María López Sández, incidiu en que “Ames é o corazón, é o comezo do éxito deste programa. Traballarmos pola lingua é algo que nos implica a todos, non só no horario escolar. Os nenos e nenas atópanse nos parques e teñen a idea do modo galego. Todos os pais e nais galegofalantes experimentamos o que o mapa sociolingüístico amosa: un proceso de perda ou dificultade de mantemento do idioma no eido escolar. Debemos traballar colectiva e conxuntamente dende todas as frontes. Dende a Real Academia Galega é un absoluto pracer poder contar coa colaboración do Concello de Ames”.

A técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ames, Rosa Moreiras, dixo que “este festival é un espazo de encontro co que poñemos o ramo a este programa. Máis do 90% da comunidade educativa participou nesta edición do Modo Galego de maneira activa. Este festival é unha festa na que se poderán atopar todas as familias e o alumnado do concello de Ames. A lingua hai que festexala, que teñamos lingua propia é motivo de alegría e de orgullo. Agardamos que esta proposta que nace en Ames se poida converter nun festival de referencia da música galega infantil”.

Por último, os representantes das Maianas e da Gramola Gominola, Inés Suárez e Paco Cerdeira, incidiron en que “temos que fomentar este tipo de iniciativas e pelexar polo noso” e tamén prognosticaron un futuro cheo de éxitos para este festival “estou seguro de que vai ser un festival de referencia e que vai ter moitas máis edicións”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.