ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Macarena García e Iria Bermúdez gañan o Premio Alberte Quiñoi da Estrada

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de mayo de 2025 a las 19:39

Compartir
  • O certame de álbum ilustrado que convoca o Concello da Estrada chega á súa quinta edición e recibe 13 orixinais.
  • O xurado destaca a “estética moi coidada”, que contribúe a “unha experiencia lectora sólida e atractiva”.
  • Sinala o coidado “sentido do humor” dunha peza na que texto e ilustración “funcionan como un todo” para o tratamento da temática da morte.
  • A peza gañadora “pon en valor o respecto e o coidado animal dun xeito honesto e sensible, sen caer na simplificación nin no exceso didáctico”.
  • O álbum será publicado nos vindeiros meses por Editorial Galaxia.

A Estrada, 7 de maio de 2025.- A escritora Macarena García Vicente e a ilustradora Iria Bermúdez Rozas asinan a obra gañadora da quinta edición do Premio de Álbum Ilustrado “Alberte Quiñoi”, convocado polo Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia. Despois de valorar os orixinais presentados e de levar a cabo distintas seleccións e contraste de opinións previas á xuntanza do día de hoxe, o xurado acordou, por unanimidade conceder o galardón á peza titulada “Un porquiño polo San Martiño”, que se presentou baixo o pseudónimo “Lacón e grelos”.

Desta volta foron un total de 13 as obras presentadas ao certame. O xurado encargado de analizalas estivo conformado por Sandra López Díaz, Sara Valcárcel Maceira, José Tomás Díaz Teijo, Armando Requeixo Cuba e Carlos Loureiro Rodríguez, exercendo este último como secretario.

Coñecida e comunicada a resolución ás autoras da obra, o xurado quixo destacar neste álbum ilustrado “varios motivos que merecen ser valorados”. En primeiro lugar, sinalan que “presenta unha estética moi coidada, tanto no tratamento visual como na elección dos elementos gráficos, o que contribúe a unha experiencia lectora sólida e atractiva”. De igual xeito, sinalan que a peza gañadora “pon en valor o respecto e o coidado animal dun xeito honesto e sensible, sen caer na simplificación nin no exceso didáctico”. “Este
enfoque, xa de por si relevante, vese reforzado polo xiro final da historia, que rompe
coas expectativas iniciais e engade profundidade ao conxunto”, destacaron.

O equipo de expertos quixo sinalar tamén a coherencia entre o texto e as ilustracións. “Ambos elementos están ben integrados e funcionan como un todo, apoiándose mutuamente e reforzando a mensaxe que a obra quere transmitir”, argumentaron.

Destacouse tamén a expresividade da obra, feita cun “coidado sentido do humor” e poñéndose en valor o tratamento da morte. “A ilustración reforza, tamén, a esfera psicolóxica do porquiño protagonista, amosando diferentes arestas emocionais”, concluíu o xurado.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O álbum “Un porquiño polo San Martiño” será publicado nos vindeiros meses por Editorial Galaxia. A maiores, o premio conta cunha dotación económica de 4.000 euros.

Etiquetas

a estradaLiteraturapremio
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra
Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas
Comarca

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas

A Festa do Salmón da Estrada consolida o seu renacer cun éxito masivo
Comarca

A Festa do Salmón da Estrada consolida o seu renacer cun éxito masivo

Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas
Comarca

Neves Rodríguez dará na Estrada o pregón das Letras Galegas