Lisdexia, protagonista do primeiro Onda Chicha da tempada
A iniciativa ONDA CHICHA, impulsada por Chichalovers e Radio Líder Santiago, xa ten os gañadores da primeira fornada: LISDEXIA, un grupo muradano que tece un son propio e contundente, mesturando garage-punk con toques de música tradicional, pop e mesmo funk. O resultado é un estilo enérxico, fresco e inconfundible, pensado para prender as pistas e facer tremer os escenarios.
Líder Redacción
30 de octubre de 2025 a las 19:30
Moi pronto poderase escoitar a súa entrevista en Radio Líder Santiago e ler a crónica en Quincemil Santiago, ademais de desfrutar dun tema gravado en exclusiva dende o Chichalovers.
Esta primeira fornada do proxecto contou cunha altísima participación e un nivel artístico que fixo difícil a elección do gañador, demostrando o gran momento que vive a nova xeración musical galega.
As inscricións para a seguinte convocatoria xa están abertas (ata o 30 de novembro), e todas as bandas e artistas emerxentes galegos poden participar para formar parte desta plataforma que mestura música, entrevistas e gravacións profesionais.
Cada mes, un novo artista ou banda será seleccionada para:
-
Realizar unha entrevista exclusiva en Radio Líder Santiago.
-
Gravar un tema profesional no Chichalovers.
-
Actuar no gran evento final, o ChichaFest 2026, que se celebrará na Sala Capitol de Santiago.
“ONDA CHICHA é unha xanela aberta á nova onda da música galega. Queremos descubrir e acompañar ás voces que están marcando o futuro do noso panorama musical”, explican desde a organización, que salientan tamén a importancia de ofrecer espazos profesionais e visibilidade mediática ás novas xeracións de artistas.
As inscricións poden realizarse a través das redes sociais de Chichalovers e da web de Radio Líder Santiago, e a convocatoria manterase aberta de forma mensual ata abril de 2026.
LISDEXIA abre o camiño dunha nova onda musical galega. E ti, vas quedar fóra?



