ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Zona Franca de Vigo e Concello de Ames estudan vías de colaboración

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de abril de 2025 a las 12:30

Compartir

O alcalde de Ames, Blas García, vén de reunirse co Delegado Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, no marco da visita institucional que este realizou ao Concello de Ames para estudar vías de colaboración entre as administracións, destacando en primeiro lugar as conversas mantidas para a construción do polígono empresarial de Bertamiráns. O Goberno local recibiu ao Delegado no salón de Plenos da Casa do Concello.

A recepción institucional foi antesala das primeiras conversas sobre unha posible colaboración da Zona Franca de Vigo no futuro polígono empresarial de Bertamiráns no que se está a traballar dende o Concello de Ames, que xa conta cunha importante demanda de solo. O alcalde explicou que “Ames é un concello puxante e dinámico, cun ritmo de crecemento vertixinoso” e que, coa execución do polígono, “manterá este crecemento e farao sostible no tempo”.

García tamén expuxo que Ames, estreitamente vinculado coa capital galega e cunha facilidade de conexión tanto coa costa como co norte ou sur galego grazas ás vías  AG-56 e AP-9, atópase nunha localización privilexiada: “Este parque empresarial é perfecto para empresas da zona que queiran medrar ou para aquelas de fóra que busquen expandirse”, explicou o alcalde que conclúe: “o emprego e calidade de vida son os factores máis determinantes á hora de fixar poboación”.

David Regades avanzou que a Zona Franca ofrece “toda a súa colaboración, o Consorcio  é ese motor que ten o goberno de España para apoiar as iniciativas económicas do territorio que xeren riqueza e postos de traballo coa creación de solo industrial. Sen dúbida, o crecemento deste municipio e a gran demanda de solo por parte do tecido empresarial é un factor a ter en conta”, explicou o Delegado.

A Zona Franca de Vigo é unha institución pública con case 80 anos de antigüidade que traballa para potenciar o comercio internacional e o desenvolvemento económico do noroeste de España e, baixo este marco, o alcalde expúxolle ao seu máximo dirixente, David Regados un proxecto considerado estratéxico para futuro do concello.

Datos urbanísticos do futuro polígono
O futuro polígono de Bertamiráns tería unha superficie de máis de 300.000 metros cadrados. Trátase dunha área que linda ao leste e norte coa estrada AC-544, que une as localidades de Bertamiráns e Negreira, e cunha parte do núcleo rural de Caroubáns. A marxe oeste correspóndese co remate do termo municipal e ao sur atopa o límite pola autovía Santiago-Brión e a súa área de afección. A nivel topográfico, dispón dunha pendente en dirección S-N que varía entre las cotas 85-125.

O terreo que se pretende destinar ao parque empresarial actualmente ten unha clasificación urbanística, segundo establece a Lei do Solo vixente, de solo rústico coas afeccións establecidas polo plan básico autonómico. Prevese unha tramitación para a modificación do PXOM co obxectivo de delimitar este novo polígono e adaptarse ao plan sectorial autonómico no relativo ao sector de solo urbanizable de Portanxil-Pegariños.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Disporía de acceso dende a estrada AC-544 e estaría situado próximo á AG-56 Santiago – Brión. Contaría con seguintes usos autorizables: terciario, comercial, almacenaxe, transporte e industria nido lixeira. Deste xeito, prevese un polígono empresarial de carácter local cun vínculo co núcleo urbano de Bertamiráns dado que se atopa moi preto. Non se prevé acollida para implantación de tipoloxías de implantación de industria pesada.

Etiquetas

ames
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación